Home A Coruña Concello e Deputación impulsan o programa de actividades da OSG cun investimento...

Concello e Deputación impulsan o programa de actividades da OSG cun investimento de 1,5 millóns de euros

- Anuncio -

A alcaldesa, Inés Rey, destacou a contribución do organismo provincial por facer que o proxecto da Sinfónica medre e chegue á cidadanía e ao resto de Galicia

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que a institución provincial sufragará con 1,5 millóns euros o programa de actividades da Orquestra Sinfónica de Galicia en 2021, que xestiona o Concello a través do Consorcio para a Promoción da Música. A rexedora sinalou que “a Orquestra Sinfónica é un patrimonio de todas e todos os galegos e necesita do
apoio firme de todas as administracións galegas como o demostrou hoxe a Deputación”. Lembra que a Xunta aínda non saldou a súa débeda de máis de cinco millóns de euros, “o que supón un serio perigo para a excelencia desta formación referente a nivel internacional”.

A alcaldesa agradeceu a contribución da Deputación para que o proxecto da Sinfónica medre e chegue á cidadanía, mais tamén ao resto de Galicia e recordou o labor importantísimo que realizou o Concello, desde o Consorcio para a Promoción da Música, durante a pandemia para que non se paralizase. A través dunha plataforma de ensino virtual a distancia pioneiro no mundo, 90 persoas integrantes da Orquestra Infantil recibiron clase de 18 profesores instrumentistas da OSG nas súas propias casas, o que permitiu que as futuras e futuros solistas puideran preparar os concertos.

A achega supón preto do 70% do orzamento destinado ao programa e actividades e o restante aportaráo a entidade beneficiaria a través de recursos propios e alleos. O programa inclúe a realización de concertos da OSG previstos entre xaneiro e novembro, os 23 de abono na nosa cidade, os sete directos que organizarán en Ferrol e outros de carácter extraordinario que aínda están por determinar noutras cidades e que sumarán un total de 1,9 millóns de euros.

Ademais, o acordo servirá para financiar actividades valoradas en 80.000 euros coas que a Sinfónica trata de apoiar o sector musical, tanto a agrupacións como a músicos locais con encargos de composicións de obras a autoras/es galegas/os que despois estrea a formación en directo, as colaboracións como a do Festival Resis 2021 ou aplicacións, retransmisións á carta e reunións virtuais que ofrece a través da súa canle de Youtube. O acordo inclúe unha partida de 43.500 euros para as actuacións da Orquestra Nova e a Orquestra de Nenos na Coruña, Ferrol e Narón xunto a outras datas aínda por confirmar, e outro desembolso de 43.500 euros que se destinará ás citas protagonizadas polos Coros da OSG.

Pola súa parte, o presidente da Deputación, González Formoso, fixo fincapé na “dimensión formativa, didáctica e cultural” da Sinfónica de Galicia que “desenvolve un programa educativo de concertos didácticos que todos os anos chega a miles de escolares da provincia, desde educación infantil a bacharelato de toda a provincia” e remarcou “o proxecto social Resoa, destinado a nenas/os e mozas/os en risco de exclusión social, único na provincia”.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no...

0
O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe...

0
Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto A Xunta de Goberno...

Publicacións Relacionadas