Home A Coruña Concello e Deputación ratifican o convenio de colaboración na Casa de Acollida...

Concello e Deputación ratifican o convenio de colaboración na Casa de Acollida e nos pisos de transición para as vítimas de violencia de xénero

- Anuncio -

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron a prórroga do acordo polo que o organismo provincial apoia con 120.000 euros o mantemento deste servizo “fundamental de cara a mellorar a atención da muller”, segundo afirmou Rey

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron un convenio de colaboración, polo que este organismo provincial cofinancia con 120.000 euros a Casa de Acollida e os dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma para mulleres que sofren violencia de xénero no Concello da Coruña. En concreto, esta partida irá destinada aos gastos de mantemento das tres infraestruturas. Para a rexedora, a cooperación institucional é fundamental de cara a mellorar a atención da muller, unha prioridade do Goberno local. Rey destacou a asistencia que se lles dá na cidade ás vítimas de violencia de machista desde que entran pola porta da Casa de Acollida soas ou acompañadas das persoas que teñen ao seu cargo até que pasan por un período de adaptación nos pisos co fin de lograr a inclusión social.

Con esta achega, a Deputación colaborará cos gastos de persoal e correntes, entre os que se inclúen produtos alimenticios, farmacéuticos, roupa ou axudas ao transporte, entre outros.

A Casa de Acollida da Coruña e os dous pisos pertencen á Rede Galega de Acollemento e supoñen un recurso de estadía temporal, atención e recuperación para as mulleres vítimas da violencia doméstica, así como para os e as menores ao seu cargo. Neste espazo, reciben apoio, información e asesoramento en materia social, xurídica e psicolóxica, así como unha orientación para a súa reinserción laboral. O servizo dá cobertura a un total de 26 mulleres, 15 na casa e once nos pisos.

Pola súa parte, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, sinalou a importancia de fortalecer estes servizos esenciais para afrontar a situación que xera esta lacra social da violencia de xénero.

Ao acto tamén asistiron a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, e a deputada María Muíño.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas