O XII Ciclo de Voces cálidas para noites de inverno chega este sábado a Oleiros cun concerto de jazz de Colectivo Zafra, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través da web www.giglon.com e desde unha hora antes na billeteira do auditorio.
A proposta do grupo Zafra baséase na presentación dun reperto¬rio orixinal composto e arranxado na súa maior parte polo baixista e contrabaixista Charly Drop, membro fundador do grupo. O conxunto de pezas que Zafra presenta no seu directo inclúe tamén versións de obras moi representativas do repertorio de jazz latino, escollidas de xeito orixinal, co obxectivo de crear un repertorio novo e entretido.
Colectivo Zafra nace hai un ano e medio da inquietude de dous dos membros que se coñecen cursando os estudos superio¬res de música na cidade da Coruña, que deciden reunir a un grupo de amigos para transmitir as súas vivencias á xente a través da súa propia música. Colectivo Zafra fala do sacrificio e suor desde a pers¬pectiva musical dun grupo de profesionais que compoñen música para gozar, sentir e conectar. Para levar a cabo o proxecto deciden marcar unha rutina de ensaios e encontros ademais de moverse po¬las distintas salas de concertos da provincia da Coruña para poder así conseguir concertos en diferentes escenarios.
Integrantes: Charly Drop (contrabaixo), Iago Mourinho (teclados), Miguel Cabana (batería), Diana Tarín (Voz), William Díaz Pozo (Trombón) e Pablo Añón (saxofón).
Venda de entradas: https://www.giglon.com/todos?idEvent=colectivo-zafra–jazz-oleiros