HomeA CoruñaA CoruñaConcerto de La Habitación Roja este sábado na Fábrica

Concerto de La Habitación Roja este sábado na Fábrica

- Anuncio -spot_img

O XIII Ciclo de Voces Cálidas para Noites de Inverno arrancará este sábado 7 de febreiro ás 20:30 horas no Centro Cultural A Fábrica (Perillo).


LA HABITACIÓN ROJA é un grupo de pop-rock indie orixinario da localidade valenciá de L’Eliana (Valencia) e formado en 1995. Esta fin de semana presentarán en Oleiros, en formato acústico, o seu décimo cuarto disco de estudio denominado “Crear”.

“Crear” é un disco no que resoa todo o imaxinario que a banda foi tecendo ao longo do tempo con forza: ese romanticismo idealista, ese aire melancólico cheo de melodías memorables e letras que chegan aos oíntes… unha combinación marca da casa que o grupo foi capaz de destilar nas súas tres décadas de existencia. Son desas cancións que alguén definiu no seu día como “tristes pero que che poñen contento”, que liberan, que son desafogo e consolo.

Cunha portada icónica que homenaxea ás nais dos catro compoñentes do grupo que pousan coma se fosen eles, “CREAR” reivindica a experiencia, a madurez, a traxectoria, a determinación por sacar adiante os teus proxectos e aos teus.
“Crear sempre é mellor que destruír” é o focus track deste traballo. O tema xorde dunha profunda reflexión sobre a impotencia que sentimos ao ver a un ser querido sucumbir ante a depresión. Esta canción é un canto de esperanza e de apoio, que transmite a idea de que, a través da creación, podemos enfrontar as sombras. Coa súa mensaxe de fe e confianza, convida a que a luz e a creatividade prevalezan nos momentos máis difíciles

A venda de entradas para os espectáculos realizarase con antelación a través de www.giglon.com, e no despacho de billetes dos auditorios municipais desde unha hora antes do comezo do espectáculo, a un prezo de 6,00 euros, ata completar a capacidade da sala.

Publicacións Relacionadas