HomeA CoruñaConcerto pola paz no Conservatorio Profesional de Música

Concerto pola paz no Conservatorio Profesional de Música

- Anuncio -spot_img

Lugar: auditorio do Pazo da Cultura
Dentro da programación do mes de xaneiro, o profesorado do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo ofrecerá o 28 de xaneiro un concerto pola paz, xusto na xornada na que se celebra o Día Internacional pola Coexistencia Pacífica, decretado pola ONU por primeira vez co obxectivo de que se convirta nunha plataforma para reforzar a educación en dereitos humanos e promover iniciativas que preveñan o odio e a violencia.
No concerto actuarán Isaura Rey (frauta), Daniel Novo (saxofón), Alma Sarasola (trompa), Mari Paz Fernández (piano), Gloria Pardines (canto), Luis Currás (guitarra) e Isabel Diego (percusión), que ofrecerán un repertorio moi variado, dende tico tico ata fado. Tamén se sumarán dous grupos de alumnos de Cámara.

Publicacións Relacionadas