O coworking Miño é o espazo elexido por Paula García Otero para ensinar estratexias que fomenten redes de colaboración no primeiro evento do espazo, unha oportunidade de networking e crecemento persoal.
O espazo Coworking Miño, Casa do Pescador, acollerá o seu primeiro evento oficial, titula “Equilibra o teu Emprendemento”, o próximo venres 21 de febreiro de 17:00 a 19:00 h. Esta iniciativa pioneira será liderada pola coworker Paula García Otero, unha emprendedora comprometida coa conciliación e o apoio á comunidade profesional.
O evento gratuíto, dirixido a emprendedores, profesionais e familias, busca ofrecer ferramentas prácticas para afrontar os retos de equilibrar a vida persoal e profesional. O obxectivo é que os participantes poidan desenvolver novas estratexias, superar bloqueos e fomentarredes de colaboración nun ambiente dinámico e inclusivo.
Este encontro danos a oportunidade de dar un primeiro paso como espazo de referencia para o emprendemento na comarca. Coa implicación activa dunha das súas integrantes, Paula García Otero, ponse en valor o talento interno da comunidade do coworking, creando un evento feito por e para emprendedores.
Aberto a todo tipo de público, incluídas familias con nenos, este evento busca destacar o papel do Coworking Miño como un espazo colaborativo e centrado nas persoas. Este primeiro evento, liderado pola visión innovadora de Paula García Otero, supón un exemplo do potencial das sinerxías que se crean neste lugar.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do código QR dispoñible no cartel ofici ou visitando a web: www.coworkingmino.com.
Colaboran: Sal Pementa e Equipolaura Familias