HomeA CoruñaConcurso de cabazas decoradas de Samaín

Concurso de cabazas decoradas de Samaín

- Anuncio -spot_img

Ortigueira abre o vindeiro luns o prazo de entrega do concurso de cabazas decoradas de Samaín, que terá lugar o sábado, 25 de outubro, no 1º andar do Mercado Municipal.

As persoas interesadas en participar poderán entregar as súas cabazas, do 20 ao 24 de outubro en horario de 9:00 a 14:30 h, na Oficina de Turismo de Ortigueira.

Establécense os seguintes premios:

Categoría de 3 a 7 anos: 1 premio gañador.
Categoría de 7 a 12 anos: 1 premio gañador.
Categoría de 13 a 18 anos: 1 premio gañador.
Categoría maiores de idade: 1 premio gañador.
Premio Aspromor.
Premio Residencia de persoas maiores “Dolores Díaz Dávila”.
Todas as persoas participantes recibirán un agasallo.

A entrega de premios será no Centro Social de Ortigueira ás 19 horas do día 25 de outubro, a continuación do fallo do xurado.

Publicacións Relacionadas