HomeA CoruñaCoñece as candidaturas aos galardóns “Carballo Deporte” e “Pedras Brancas”, dúas das...

Coñece as candidaturas aos galardóns “Carballo Deporte” e “Pedras Brancas”, dúas das cinco categorías dos I Premios do Deporte Concello de Carballo

- Anuncio -spot_img

Entre as 50 candidaturas que vén de recibir o Consello Deportivo Municipal para os I Premios do Deporte figuran 5 para a categoría Carballo Deporte e 6 para Pedras Brancas.

Coa primeira preténdese distinguir á entidade que máis teña contribuído a tarefas de fomento do deporte e/ou á organización de actividades deportivas. Deste xeito, ao Premio Carballo Deporte optan AD Fogar da Xuventude, Agrupación Deportiva Un Paso Máis, Awen Fútbol S. Coop. Galega, Club Rítmica Carballo e Escolas Balonmán Xiria.

Co premio Pedras Brancas, que leva o nome do antigo campo de fútbol carballés, preténdese recoñecer o equipo ou a entidade que máis se distinguira no último ano pola súa actuación deportivo-competitiva en calquera ámbito, un galardón ao que optan o Bergantiños Feminino, o conxunto alevín promoción do Club Rítmica Carballo, o equipo absoluto masculino do club Sysca, o Garaysa Show de Escola Lubiáns, o Energimac Escola Lubiáns e o Escola Lubiáns Sénior Liga Ok Bronce.

Tal como figura nas bases, os premios serán entregados na gala que se celebrará o venres 19 de decembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura.

Ademais das dúas categorías indicadas tamén se entregarán premios á mellor deportista e ao mellor deportista locais, á mellor e ao mellor deportistas promesas, ao mellor adestrador ou adestradora, e tamén a institución ou entidade que máis se distinga pola súa colaboración co deporte carballés e a unha vida dedicada ao deporte. Nas bases tamén se establece a posibilidade de mencións especiais.

Publicacións Relacionadas