Dia 18/12/2025
Hota 19:30
Lugar Escolas do Xardín Agra de Caldas
Escolas do Xardín Agra de Caldas
Mohamed Safa, oftalmólogo de profesión e escritor, leva décadas traballando de maneira intensa na defensa dos dereitos do pobo palestino e para que coñezamos polo miúdo a dura realidade na que sobreviven. O xoves 18 de decembro terémolo nas Escolas do Xardín Agra de Caldas para ofrecer unha conferencia arredor do seu último libro, o ensaio Gaza, un xenocidio televisado [Ed. Medulia], que estará en breve nas librarías.
Nesta presentación poderemos achegarnos á versión galega do libro, con prólogo de Xulio Valcárcel. A versión en castelá sairá á rúa a comezos de ano coa editorial Oriente Mediterráneo, algo máis actualizada coas últimas reflexións sobre o plan de Trump.
Mohamed Safa estará acompañado pola concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez, e por Maha Dandis, cisxordana residente en Laxe.
Entrada libre.



