Home A Coruña Conta atrás para o Entroido de Fene!

Conta atrás para o Entroido de Fene!

0
1

As comparsas “Os Argalleiros”, “A Canteira do Puntal”, “As Xoaniñas de Chao”, “O Carnaval Intergaláctico do ANPA Belén”, “Os Colludos”, “Troupele Troupele”, “Manda Charanga”, “Imos que temos que ir”, “Os Parrandolos”, “As Superfenesas de Centieiras”, “Os Scratchados”, “As ovelliñas mansas de Semente de Trasancos”, “Feneración X”, “A Revolta de Trasancos” e “OJE Ferrol” son as 15 agrupacións que participarán este ano no desfile e posterior festival de comparsas que organiza o Concello de Fene.

Comeza a conta atrás para o Entroido, unha das festas máis importantes de Galicia que, en Fene, se concentra nas xornadas do Martes de Entroido e Mércores de Cinza. O programa comezará o martes 17 de febreiro na Praza do alcalde Ramón José Souto González a partir das 18.00 horas coa Festa Infantil a cargo de La Guagua e a tradicional merenda -coa axuda da A.C. Os Tadetas- con reparto de lambetadas para todos os nenos e nenas que se acheguen disfrazados.

Colaboran: Panadería Modesto Hermida, Panadería Ramón, Panadería O Forno do Alto, Panadería A Broa, Panadería Amaría, Panadería El Cruce, Pastelería Martínez, Pastelería Sara, Supermercado Gadis, Supermercado Eroski Center, Distribuciones Froiz.

Para rematar, e a partir das 21.00 horas, comezará a actuación da Orquestra Marbella.

As actividades do Entroido continuarán o mércores día 18 de febreiro coa concentración de comparsas ás 17.45 horas na rúa San Salvador (Pista Polideportiva do CCRD Perlío), para iniciar ás 18.00 horas o percorrido polas rúas San Salvador, Marqués de Figueroa, rúa da Fraga e rematar na Avda. do Concello. Ao chegar á Praza do alcalde Ramón José Souto González, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento, a queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico.

RESTRICIÓNS DE TRÁFICO E APARCADOIRO

Por mor da celebración das actividades do Entroido en Fene, dende a xefatura da Policía Local informan de que prohíbese estacionar e circular na avda. do concello, dende as 15.30 horas do martes día 17 de febreiro, ata o remate das tarefas de limpeza o xoves 19 de febreiro.