Polo Correo do Vento chega o vindeiro sábado 15 de novembro cunha actividade para as familias oleirenses.
O vindeiro sábado 15 de novembro, ás 18.00 horas, na Fábrica, haberá un contacontos obradoiro a cargo de Polo Correo do Vento.
Nesta actividade as familias participantes descubrirán a historia das cantareiras, mulleres que conservaron a música e a lingua galega a través do canto popular (homenaxeadas este ano no Día das Letras Galegas), logo debuxarase un mural que represente o seu mundo e finalizará a actividade cun obradoiro de debuxo creativo, onde cada participante ilustrará a súa propia cantareira seguindo as indicacións da ilustradora.
Esta actividade está organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística municipal.
As familias interesadas en participar poderán inscribirse na páxina web do Concello.



