HomeA CoruñaContinúa o proceso de renovación das redes xerais de abastecemento de auga

Continúa o proceso de renovación das redes xerais de abastecemento de auga

- Anuncio -spot_img

Mentres seguen avanzando os traballos de renovación das redes xerais de auga en Montrove e Nós, o Concello acaba de adxudicar a obra de renovación da rede xeral no centro de Oleiros, entre a Quinta Canaima e a rotonda da Pezoca. Ademais, tras meses de demora polo retraso na autorización de Patrimonio, contratarase nos próximos o cambio do conduto xeral de entrada de auga no Concello que se atopa na Costa da Tapia.
Nestas 4 obras o investimento é de máis de 2 millóns de euros, ás que haberá que engadir o tramo entre o depósito da Edreira e a rúa do Pazo e ás que se tratarán directamente por AquaOleiros. En concreto, a empresa municipal destinará os 5 millóns achegados polo Concello para renovar os tramos de tubaxe de PVC de maior antigüidade, nas parroquias de Dorneda, Maianca e Serantes.
O Concello de Oleiros conta cunha ampla rede de abastecemento de auga dotada de 432 km e dotada con 11 depósitos, que se atopan en constante proceso de mellora, destinando todos os anos importantes recursos económicos á súa renovación. Nas obras das tubaxes vanse priorizando aqueles tramos nos que se producen máis roturas, normalmente os de maior antigüidade.

Publicacións Relacionadas