Free Porn
xbporn
Home A Coruña Continúan as obras da senda peonil de Abeledo e proximamente darán comezo...

Continúan as obras da senda peonil de Abeledo e proximamente darán comezo en A Toca

- Anuncio -

• As intervencións, subvencionada pola Deputación da Coruña, contemplan a realización dunha travesía peonil de 400 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho en a Toca e outra de 430 metros e 1,80 metros de ancho en Abeledo.

• O alcalde de Somozas, Juan Alonso Tembrás, destacou que “con estas dúas importantes actuacións continuamos mellorando as comunicacións e infraestruturas do municipio e dando resposta ás necesidades da nosa veciñanza”.

As tarefas de construción da senda peonil de Abeledo, ao seu paso pola estrada AC-110, avanzan a bo ritmo. Paralelamente, as obras da senda peonil na estrada AC-861 da Toca darán comezo nas vindeiras datas.

Unión entre a senda da Toca e Pena de Eiriz
A construción da nova senda peonil da Toca, que terá un investimento de máis de 115.000 euros e comezará nas vindeiras semanas, conformará o último tramo e a unión entre a senda da Toca e a senda de Pena de Eiriz.

Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 400 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a canalización e arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais e para a instalación de luminarias e iluminación pública.

A actuación tamén recolle a instalación dunha varanda en aceiro inoxidable para optimizar e reforzar a seguridade viaria.

Construción senda peonil en Abeledo
Paralelamente, avanzan a bo ritmo as obras da senda peonil no lugar de Abeledo, ao seu paso pola estrada AC-110, e que conta cun orzamento de 80.563 euros.

A construción desta senda realízase para mellorar a seguridade vial e conta cunha lonxitude de 430 metros e 1,80 metros de ancho.

Ademais, contémplase a canalización de 80 metros de tubería depolipropileno corrugado de 400 mm de diámetro, 3 pozos de rexistro con sumidoiro e 17 arquetas con sumidoiro, para a recollida de augas pluviais; e canalización de 437 metros de tubo de polipropileno verde coas correspondentes arquetas, para iluminación pública, previa escavación dunha buraco e posterior recheo compactado da mesma.

Completan a obra a colocación de 175 metros de varanda modular en aceiro inoxidable sobre o muro de bloques de granito.

Tras os anuncios, o alcalde de Somozas, Juan Alonso Tembrás, destacou que “con estas dúas importantes actuacións continuamos mellorando as comunicacións e infraestruturas do municipio e dando resposta ás necesidades da nosa veciñanza. Ademais, estas sendas mellorarán a seguridade vial das zonas e facilitarán o tránsito de tráfico rodado e peonil”.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas