De Baile en Baile é o nome dun novo programa cultural e de convivencia entre persoas maiores que se consolida como referente de festa e ocio activo. Celebrarase os sábados pola tarde nas distintas casas do pobo.
Este sábado día 7 de febreiro, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar un novo baile na Casa do Pobo de Lorbé (Rúa Golfiño). Amenizará a tarde o solista Dieguiño.
Como novidade, este ano incorpórase tamén un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.



