Home A Coruña Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC para a divulgación científica

- Anuncio -

As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia

A Concellaría de Innovación leva impulsado nos últimos anos diferentes iniciativas encamiñadas a fomentar o interese pola ciencia entre a poboación. A Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia, que celebraremos a vindeira fin de semana, ou o festival Pint of Science, que nesta edición terá lugar do 19 ao 21 de maio, son algunhas das plataformas coas que pretendemos dar visibilidade ao traballo que desenvolven as investigadoras e os investigadores locais e contribuír a fomentar as vocacións científicas.

Nesa mesma liña, a área que dirixe Iván Andrade vén de asinar un convenio co Grupo de investigación en cambio ambiental (GRICA) da Universidade da Coruña para impulsar outras actividades que levan o coñecemento científico á sociedade.

As primeiras levaranse a cabo este mes, dúas delas no marco do programa Medrando con Apego, para nenos e nenas de idades comprendidas entre os tres e o seis anos. Para mañá está programado un obradoiro sobre formación e observación de fósiles, no que se elaborarán fósiles con plastilina ou escaiola para coñecer a súa natureza. Haberá dúas sesións, ás 17.00 e 18.30 horas. As familias interesadas poden anotarse enviando un e-mail cos datos dos/as nenos/as a snl@carballo.gal.

E o mércores 19 celebrarase outro obradoiro sobre a Lúa, no que a rapazada poderá coñecer a súa formación, as fases, a superficie… a través de manualidades e demostracións prácticas. O prazo de inscrición abrirase unha semana antes.

Na II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia, prevista para este domingo 9 de febreiro, os científicos do GRICA ofrecerán outro taller sobre O tempo xeolóxico, que permitirá ás persoas participantes, que neste caso poderán ser desde alumnado de primaria ata bacharelato, entender o concepto de tempo xeolóxico e os distintos eventos na historia da Terra de xeito práctico.

Seguintes citas
Ao longo do curso desenvolveranse outras catro actividades
• Viaxe pola historia do clima da terra, que consta dunha charla sobre a evolución do clima da Terra dende a súa formación ata a actualidade, cunha análise do momento de cambio climático actual, as súas causas e os seus futuros impactos. Esta proposta vai dirixida a alumnado de 15 a 18 anos.
• Cambio climático? Si, por non porque o diga eu. Para a mesma franxa de idade, co obxectivo de abordar a realidade climática actual.
• Cambio(s) climático(s): reconstruír para sobrevivir. Tamén para rapazada de 15 a 18 anos, para seguir estudando o momento de cambio climático actual, neste caso con referencia ás metodoloxías que se empregan no mundo científico para levar a cabo este tipo de estudos.
• A saúde do río Anllóns. Este é un obradoiro preparado especificamente para o noso concello, destinado a alumnado de primaria e/ou ESO, que incluirá unha saída de campo e a toma de mostras do río.

Sobre o GRICA
No GRICA estudan a variabilidade ecolóxica e climática do sistema Terra a escala temporal xeolóxica mediante un enfoque interdisciplinar. A investigación céntrase na análise do rexistro sedimentario continental utilizando diferentes indicadores sedimentarios, xeoquímicos e paleontolóxicos, co obxectivo de comprender os cambios ambientais actuais, como é o caso do cambio climático, e as súas consecuencias. O equipo está integrado por Roberto Bao, catedrático; os/as investigadores/as Laura Barral, Alejandro Blanco, Uxía Fernández, Blanca Moncunill e Armand Hernández, e a profesora Luisa Santos.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

O Campo Municipal da Laracha será sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas...

0
O evento foi presentado hoxe no Concello polo alcalde e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol. A Laracha será unha das sedes da fase...

Publicacións Relacionadas