Home A Coruña Convocado o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de...

Convocado o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar na Pobra

- Anuncio -

O Concello da Pobra do Caramiñal convoca un proceso selectivo mediante concurso-oposición para a creación dunha bolsa de emprego destinada a contratacións laborais temporais para a cobertura de postos de auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, e o axente de emprego e desenvolvemento local, Luís Miguel Domínguez, foron os encargados de presentar esta nova convocatoria trala aprobación das bases reguladoras e publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro. “No anterior mandato apostamos pola municipalización do Servizo de Axuda no Fogar porque cremos nos servizos públicos e de calidade, especialmente neste servizo dirixido ao coidado de persoas dependentes. Agora traémo-la convocatoria para a formación dunha bolsa de traballo coa finalidade de garanti-la cobertura de xeito continuado das vacantes por permisos, vacacións ou períodos de baixa por incapacidade temporal das traballadoras habituais”, explica a edil. Segundo indica, a media establécese nos 6 chamamentos anuais por un período mínimo de tres meses. Actualmente o servizo conta con máis de 70 persoas usuarias atendidas por un cadro de persoal próximo ás 30 auxiliares. Cerecedo estima que o proceso selectivo culmine a mediados/finais do mes de novembro.

Os labores asignados ó posto versarán sobre as tarefas propias da praza e, entre outras, as funcións de atencións de carácter persoal, doméstico, complementario, e psicosocial e educativo.

En canto aos requisitos mínimos, figuran, entre outros, estar na posesión, ou na condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias, do título da formación profesional de grao medio de Atención Sociosanitaria; en Coidados Auxiliares de Enfermaría; ou do certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Tamén é preciso estar na posesión do permiso de condución da clase B e poder dispor dun vehículo para se desprazar no horario laboral, ademais do coñecemento do galego correspondente co nivel do Celga 2.

Deberase solicita-la participación mediante unha instancia dirixida ó alcalde, conforme o modelo que consta no anexo I das mencionadas bases. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral do Concello da Pobra do Caramiñal, en horario de 09.00 a 14.00 horas, no prazo de 10 días hábiles dende este mesmo día e ata o 31 de outubro. O dito trámite tamén se pode formalizar en calquera dos medios determinados na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas. Xunto coa solicitude, débense achega-las fotocopias dos documentos xustificativos.

Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios do Concello e na referida sede electrónica.

Relacionadas

O Concello de Carballo pon en marcha o programa “Remocea”, no que poderán participar...

0
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: talleres de memoria, manexo de teléfonos móbiles e outras tecnoloxías e actividades lúdico-formativasO alcalde, Evencio...

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros

0
A forte aposta pola educación e a cultura que fai o Concello de Oleiros volve ser merecedor de que as Bibliotecas Municipais fosen novamente...

As persoas máis lectoras da Pobra son agasalladas polo Día das Bibliotecas 2024

0
As bibliotecas son un punto de encontro arredor das letras, unha plataforma para a difusión do coñecemento. Baixo esta premisa, a Concellaría da Cultura...

O desprendemento de cables de telefonía impide o tráfico rodado na rúa José María...

0
Os bombeiros do parque Provincial das Pontes interviñeron esta tarde nunha incidencia ocasionada pola rotura dun poste de telefonía sobre a vía que impedía...

Os Concellos afectados polo paso da AP-9 acordan asociarse para “reivindicar vos nosos dereitos...

0
• O alcalde de Abegondo convocou a reunión para “facer forza conxunta” • Os Concellos loitarán pola cobranza de atrasos do IBI, a actualización catastral...

Laxe instala 4 paneis informativos en diferentes miradoiros do municipio

0
·       Os puntos nos que se colocaron os indicadores son os miradoiros de Cabo da Area, Santa Rosa, o Faro de Laxe e o cemiterio. O...

Publicacións Relacionadas