Desde o luns 2 ata o venres 6 de marzo ás 18:00 horas permanecerá cortado ao tráfico, nos dous sentidos, un tramo da Avenida Francisca Herrera, en Oleiros.
O corte de tráfico efectuarase nos dous sentidos da Avenida Francisca Herrera, desde o cruce con Rúa Fonte Douro-Avda. Miguel Hernández ata o cruce con rúa Charry.
O tráfico será desviado preferentemente por Avda. Miguel Hernández, tanto en dirección Coruña como en dirección Sada.



