Home A Coruña Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por...

Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por mor das obras de remodelación

- Anuncio -

Desde o día 30 de xaneiro e por un período de 2 meses, procederase ao corte total de tráfico do tramo final da Avda. Santa Cristina (entre as rúas Linneo e Avda. Das Américas) a causa das obras de remodelación da avenida principal.

A tal efecto, os vehículos que baixen pola Avenida de Santa Cristina serán desviados, ben cara á Rúa Humboldt (se pretenden dirixirse á dereita), ou ben cara á Rúa Mendel, que mudará temporalmente de sentido (se pretenden dirixirse á esquerda).

O acceso aos dous tramos da Avenida das Américas quedará cortado polas obras da Avenida de Santa Cristina. Estes dous tramos pasarán a ser de dobre sentido de circulación, con acceso dende os seus extremos (desde a “Cabaña do Pescador”, a través da Rúa Mendel, e da Rúa Darwin; respectivamente), para o que será necesario modificar a actual disposición das bandas de estacionamento.

O desenvolvemento das obras obriga tamén a inhabilitar temporalmente tamén a parada de autobús escolar situada na esquina da Avenida de Santa Cristina coa Rúa Mendel.

Os colectores de recollida de lixo de carga lateral situados nas rúas afectadas polo corte haberán de ser substituídos temporalmente por outros de carga traseira.

Relacionadas

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Secundino García solicítalle a Martina Aneiros actuacións “urxentes” no CPI de San Sadurniño

0
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá até San Sadurniño para visitar as obras financiadas nas dúas últimas anualidades...

O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e...

0
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario...

O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar hábitos saudables...

0
O Concello de Ribeira fixo entrega hoxe das becas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida saudables, apoiar economicamente a...

Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé...

O Pleno aproba de maneira definitiva a modificación do planeamento urbanístico para preservar a...

0
O Pleno municipal acordou esta mañá cos votos favorables de BNG, CA e PSdG e a abstención do PP a aprobación definitiva da modificación...

Publicacións Relacionadas