O Ministerio de Transportes informa que O próximo domingo, día 30, desde as 08:00 horas ata noite, procederase a executar unha serie de traballos nos carrís de servizo de Sol y Mar dirección A Coruña, que obrigará a cortar o tráfico por completo nos mesmos.
Como desvíos alternativos os vehículos que queiran dirixirse cara a Coruña poderán optar por continuar pola Avda. Rosalía de Castro cara a rotonda de Santa Cristina ou ben por baixar ata a rotonda de Sol y Mar e, desde alí, xirar en sentido Madrid para facer un cambio de sentido fronte ao Parque de Maquinaria do Ministerio e continuar posteriormente polo paso inferior de Sol y Mar en sentido Coruña. Tamén se recomenda, que os vehículos que proceden de Oleiros-Sada se incorporen á N-VI no Carballo.