Home A Coruña Costa da Morte leva a súa experiencia como Destino Turístico Starlight ao...

Costa da Morte leva a súa experiencia como Destino Turístico Starlight ao VI Encontro Internacional Starlight que se celebra en Cuenca

- Anuncio -

Marta Rodríguez, do equipo da Secretaría Técnica de Costa da Morte Asociación Turística, detallou o camiño percorrido para obter o Certificado Destino Turístico Starlight e lembrou que os concellos do territorio traballan xa na redución da contaminación luminosa e nunha rede de miradoiros estelares

A cita internacional dos profesionais do astroturismo, no que a Costa da Morte foi o único destino presente do noroeste peninsular, deu voz a outras iniciativas líderes no turismo de estrelas ao redor do mundo

Costa da Morte, as estrelas desde a fin do mundo. Este foi o título da conferencia que impartiu Marta Rodríguez, do equipo da Secretaría Técnica de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) no VI Encontro Internacional Starlight, que se celebra na cidade de Cuenca desde onte (18/10/2023) e ata mañá venres (20/10/2023). Costa da Morte é o único destino do noroeste peninsular que ten a oportunidade de expoñer a súa experiencia nesta cita, referencia mundial dos profesionais vinculados ao astroturismo e na que están presentes outros destinos Starlight certificados do territorio español e representantes de países líderes no turismo das estrelas.

“A participación neste encontro é unha oportunidade única para situar a Costa da Morte no mapa internacional do turismo de calidade”, destaca o presidente da Costa da Morte Asociación Turística, Manuel Muíño, tamén alcalde de Zas. Pola súa banda, o presidente da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), Pepe Formoso, lembra a oportunidade que representa darlle voz ao destino Costa da Morte nesta cita do astroturismo: “Seguindo un proceso modélico para obter o distintivo Destino Turístico Starlight, logramos facernos un oco no turismo das estrelas, a través do cal poder divulgar todo o patrimonio natural e cultural do noso territorio, e non só o ceo nocturno e as estrelas senón, sobre todo, os nosos espectaculares solpores”.

Na súa exposición no auditorio do Museo Paleontolóxico de Castilla-La Mancha, en Cuenca, Marta Rodríguez detallou onte á tarde a experiencia da Costa da Morte para obter a Certificación Destino Starlight, iniciado a finais do ano 2021, cun acordo unánime da asemblea xeral da CMAT e rematado en xaneiro de 2023 en FITUR, onde os representantes da Costa da Morte Asociación Turística recibiron o certificado Destino Turístico Starlight de mans de Antonia Varela, presidenta da Fundación Starlight.

Claves e obxectivos

Marta Rodríguez enumerou as claves para obter ese recoñecemento para a Costa da Morte: “Calidade do ceo nocturno; compromiso político e empresarial xunto coa presenza dun ente xestor; estratexia de xestión, coordinación e planificación; un destino turístico consolidado e o apoio da comunidade científica”.

Falou tamén dos traballos nos que están inmersos os 17 concellos que integran a CMAT e a iniciativa privada, liderada por APTCM, para seguir dando pasos en prol do afianzamento no eido do astroturismo. Destacou dúas iniciativas estratéxicas que xa están en marcha: “O impulso cara a concienciación dos concellos na redución da contaminación luminosa, a través da iluminación pública intelixente, así como a valoración de aprobar, nun futuro, ordenanzas municipais que regulen o alumeado público tendo en conta parámetros que coiden da calidade do ceo nocturno”, e a “elaboración dun estudo inicial sobre unha rede de miradoiros estelares, en colaboración cos dezasete concellos que integran o xeodestino e o grupo de monitores astronómicos que se formou no curso impartido pola Fundación Starlight no mes de abril en Vimianzo”.

Foi un orgullo para a Costa da Morte Asociación Turística que fose a propia Directora da Fundación, Antonia Varela, quen eloxiara o traballo da entidade, situándoa no VI Encontro Internacional Starlight como referente pola posta en marcha de iniciativas como a profesionalización do sector a través do curso de Monitores Astronómicos Starlight, a creación da Mesa Starlight o pasado mes de setembro con integrantes da CMAT, Universidade, Turismo de Galicia e Deputación da Coruña, e a xornada de sensibilización para municipios sobre contaminación luminosa, que se está a organizar para ser celebrada o próximo mes de novembro.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas