Home A Coruña Couto pide “encher as urnas de papeletas do BNG” para que Arteixo...

Couto pide “encher as urnas de papeletas do BNG” para que Arteixo “entre por fin no século XXI”

- Anuncio -

Durante o acto central de campaña do BNG de Arteixo, o alcaldable, Xurxo Couto, destacou a aposta do BNG por servizos municipais e de calidade, así como a necesidade de ter un goberno decidido a “loitar polos intereses e dereitos da veciñanza, lonxe do servilismo á Xunta”


“Crearemos políticas reais en igualdade e loitaremos e poñeremos en marcha programas contra os delitos de odio, para que todos e todas nos sintamos seguras, queridas e respectadas”


(Ás 20.00 horas enviaremos fotos do acto)


Arteixo, xoves, 25 de maio

“O futuro ten que comezar o día 28 de maio, no que por fin, Arteixo entre no século XXI”, así comezou a súa intervención Xurxo Couto, candidato do BNG de Arteixo, durante o acto central de campaña que se celebrou hoxe na praza do Balneario. O cabeza de lista pediu “encher as urnas de papeletas do BNG” para dotar de servizos básicos as zonas que aínda non o teñen e para que toda a cidadanía desfrute duns servizos “de calidade”.

Recordou que os piares do programa da formación nacionalista son “orgullo, mocidade, economía e servizos”. Nesta liña, lamentou que as persoas mozas estean “totalmente desatendidas”, en contraposición, o BNG poñerá en marcha iniciativas que permitan “axudar á mocidade a encarar ese futuro na mellor situación posible”, con canles permanentes de comunicación cos sectores da educación e empresariais.

“Un dos piares da campaña do BNG tamén foron os servizos básicos dos que aínda carecemos en Arteixo, en pleno 2023, moitos dos lugares do noso concello”. E esta non é a única eiva do concello, continuou Couto para recordar que o municipio segue sen plan xeral. “Unha ferramenta fundamental, non só para establecer onde e como se pode edificar, senón tamén, cales son as infraestruturas, os servizos e os equipamentos que precisa o noso concello”.

Couto defendeu a necesidade de incrementar a calidade dos servizos e a municipalización destes, como, por exemplo, o Servizo de Axuda no Fogar. “Pasaron nos últimos 12 anos, nove empresas que nunca deron un servizo como nos merecemos, nin as traballadoras tiñan unhas condicións dignas, e, por tanto, nós sempre apostamos pola municipalización do SAF”.


“Necesitamos un goberno decidido a “loitar polos intereses e dereitos da veciñanza, lonxe do servilismo á Xunta”, porque Arteixo “segue a estar no punto de mira das empresas enerxéticas”. Ademais de ter unha Alcaldía que se preocupe de maneira “permanente en mellorar a Sanidade e a Educación”, apuntou Couto.

O candidato do BNG fixo fincapé nas “políticas reais en igualdade” que poñerá en marcha o BNG se ten responsabilidades de goberno, como os puntos seguros contra a violencia machista ou incrementar os recursos económicos e de persoal do Centro de Información da Muller. Asemade, aseverou que os nacionalistas loitarán e poñerán en marcha programas contra os delitos de odio e de visibilización do colectivo LGTBIQ+. “Por un Arteixo onde todos e todas nos sintamos seguras, queridas e respectadas”.

Relacionadas

A II Edición de Fly A Coruña reúne na cidade a 160 axentes de...

0
As exposicións céntranse en rutas aéreas que conectan con Galicia, destinos invitados e retos das axencias de viaxes Un total de 160 axentes de viaxes,...

49 pilotos compiten este sábado na primeira das tres probas de autocross que acollerá...

0
A Escudería Máis Motor e o Concello de Carballo presentaron a carreira desta fin de semana, a terceira do campionato galego Volve o autocross ao...

‘A Muiñeira dos Queixas’, peza elixida para o XXXV Día da Muiñeira de Arteixo...

0
• Serán 32 grupos os que se dean cita a tarde do domingo 11 de xuño no Paseo do Balneario desde as 18:00 horas...

O Concello de San Sadurniño abre o prazo de solicitude de abonos para a...

0
O vaso estreará esta temporada un elevador para persoas con mobilidade reducida A piscina municipal de San Sadurniño volverá abrir ao público o luns 19...

O Concello de Lousame abre o prazo de preinscrición no Verán Activo 2023

0
Dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos, as actividades terán lugar do 10 ao 21 de xullo O Concello de Lousame abre...

Neda abre o prazo para facer a comunicación previa das fogueiras do San Xoán...

0
O Concello de Neda abre hoxe o prazo para a comunicación das fogueiras das tradicionais celebracións de San Xoán e de San Pedro. Unha...

Publicacións Relacionadas