HomeA CoruñaCurso de verán Traballando en lingua

Curso de verán Traballando en lingua

- Anuncio -spot_img

Carballo acollerá a XVIII edición do curso de verán sobre dinamización lingüística “Traballando en lingua con inmigrantes”, que se celebrará os días 15 e 16 de xullo no Fórum.

Este ano, o curso centrarase en fomentar e analizar o uso da lingua galega nos colectivos de inmigrantes que residen en Galicia. Como en edicións anteriores, traballaremos na mellora do proceso de normalización da lingua, abordando argumentos, accións, creatividade, implicación e métodos que son fundamentais para este propósito.

As persoas destinatarias deste curso son todas aquelas que traballan ou están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, incluíndo técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadores/as socioculturais, estudantes, membros de asociacións, empresas de dinamización social, así como intérpretes e tradutores/as.

O prazo de matrícula está aberto ata o 11 de xullo, así que animámosvos a inscribirvos e participar nesta enriquecedora experiencia.

Publicacións Relacionadas