Free Porn
xbporn
Home A Coruña Dez concellos implican á mocidade no coidado do medio ambiente a través...

Dez concellos implican á mocidade no coidado do medio ambiente a través do debuxo urbano

- Anuncio -

A escola de ilustración O Garaxe Hermético, dirixida por Kiko da Silva, imparte os obradoiros en espazos naturais dentro do proxecto europeo People & Planet

Mozas e mozos de dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participan nos obradoiros de debuxo urbano do proxecto europeo People & Planet, que busca implicar á xente nova na loita contra o cambio climático. A actividade pon en valor distintos espazos naturais que as e os artistas deben representar, achegando a súa visión persoal a través do seu propio estilo pictórico, ao tempo que fomenta novas habilidades para implicarse na procura do ben común dun xeito creativo.

A Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración ‘O garaxe hermético’, dirixida por Kiko da Silva, imparte esta actividade nos municipios da Laracha, Boiro, Burela, Carral, Fene, Laxe, Nigrán, Pontedeume, Ribeira e Santiago de Compostela. Nos obradoiros de “urban sketching” póñense en práctica as técnicas dun movemento creativo que se propón contar a realidade en primeira persoa a través do debuxo, celebrar a diversidade de miradas e compartilas cos demais. Un recurso expresivo que pon de relevo a capacidade de observación destas reporteiras e reporteiros visuais en relación coa temática abordada.

A composición da paisaxe, a perspectiva ou a luz son algúns dos aspectos técnicos que se tratan durante a xornada, de catro horas de duración, na que se ofrece un soporte personalizado e se empregan materiais sustentables. Ademais, a sesión comeza cunha explicación sobre o espazo seleccionado e remata cunha reflexión crítica arredor da conservación ambiental e do impacto causado polo ser humano. Por último, unha vez finalizados os dez obradoiros, as obras resultantes complementaranse cun texto literario escrito por Manuel Lourenzo González, dando lugar a un libro virtual que amplificará o obxectivo desta actividade na que se pon de relevo o potencial transformador da arte.

Os obradoiros de debuxo urbano forman parte dos Global GreenLabs que se levarán a cabo nos os oito estados membros da UE que participan no proxecto People & Planet, se ben cada un escolle a súa propia metodoloxía. Nestes “laboratorios” promóvese a reflexión-acción a través de pequenas actividades experienciais, que poden tomar diferentes formas pero nas que o nexo común é o traballo manual, que ademais permite xerar un produto tanxible ao remate. Trátase dun achegamento práctico que contribúe a fixar as aprendizaxes, a través dunha participación directa e interactiva que facilita a apropiación e, por tanto, a mobilización.

PeopleAndPlanet

O proxecto ‘People & Planet: un destino común’ ten como obxectivo concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e que se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. Procúrase así contribuír a implementar a Axenda 2030, en especial o ODS 13, que chama a adoptar medidas urxentes para loitar contra o cambio climático e os seus efectos. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de Galicia, Portugal, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Romanía, Países Baixos e Cabo Verde.

O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 100 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego chega ao seu 25 aniversario tendo desenvolvido máis de 170 proxectos en 32 países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

Listaxe de municipios onde se realizaron ou se van realizar os obradoiros:

DATACONCELLOLUGARGRUPO
06/04Santiago de CompostelaParque de BelvísIES de Sar (Bach. Artes)
06/05A LarachaÁrea recreativa de GabenlleIES Agra de Leborís
28/05PontedeumePaseo marítimoIES Breamo
09/09NigránPraia AméricaEscola Municipal de Pintura
23/09FenePaseo de San ValentínPúblico xeral
30/09BurelaPraza da MariñaPúblico xeral
 BoiroPazo de Goiáns 
 Carral  
 Laxe  
 Ribeira  

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas