Home A Coruña Diana Cabanas celebra o potencial emprendedor da Coruña na XIV Gala do...

Diana Cabanas celebra o potencial emprendedor da Coruña na XIV Gala do Premio Xove Empresaria/o e Iniciativa Emprendedora de Galicia

- Anuncio -

A concelleira destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey co impulso do talento mozo e a innovación empresarial

A concelleira de concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, participou esta noite en Palexco a XIV edición da Gala do Premio Xove Empresaria/o e Iniciativa Emprendedora de Galicia, un evento organizado pola Asociación de Xoves Empresarios (AJE) Galicia. Cabanas destacou a importancia que ten para o Goberno de Inés Rey a potenciación do talento emprendedor para o crecemento económico e a consolidación da cidade como referente innovador en Galicia.
“A Coruña está a vivir un momento de transformación e consolidación como referente económico. O noso obxectivo é seguir apostando pola especialización, a innovación e a captación de talento”, sinalou Sobral Cabanas. A concelleira destacou tamén datos que reflicten o dinamismo da cidade, como o crecemento poboacional por riba dos 250.000 habitantes e os niveis históricos de redución do desemprego. Ademais, puxo en valor proxectos estratéxicos como a Cidade das TIC e a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), que reforzan a posición da Coruña na transición dixital e tecnolóxica. Cabanas recordou que o Concello ten dous viveiros de empresas e que precisamente acaba de se modificar a ordenanza para darlle máis facilidade aos emprendedores e emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial na cidade.

A gala contou coa presenza do presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo; a presidenta de AJE A Coruña, Eva Rosende; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, José González; e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín G. Formoso.

A concelleira participou na entrega de premios, destacando a importancia do apoio institucional para fomentar o emprendemento e consolidar un ecosistema innovador na cidade. “Emprender é non resignarse, é actuar con rebeldía e inconformismo. Desde a administración seguiremos apoiando
todas aquelas iniciativas que permitan construír unha cidade moderna, competitiva e con futuro”, salientou Sobral Cabanas.

Relacionadas

Case mil nenos e nenas na proba de campo a través escolar

0
A partir das 10.30 h - Polígono de Bértoa O Concello de Carballo organiza unha proba deportiva escolar de campo a través con participación de...

Betanzos e Vilalba incorporanse ao Eixo Atlántico na XXXIII Asemblea Xeral

0
A XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá en Viana do Castelo, aprobou a adhesión de dous novos municipios á entidade: Betanzos...

Gonzalo Castro reivindica a figura integradora de Castelao no seu 75 cabodano

0
O concelleiro de Cultura e Turismo participou nos actos organizados na Coruña para honrar a súa figura O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro,...

Inés Rey sitúa a Intermodal como exemplo da transformación urbana da Coruña

0
A alcaldesa abriu o Foro Urbano celebrado no Centro Cívico de Os Mallos, onde veciños e veciñas puideron coñecer e achegar novos proxectos para...

O alcalde logra que o Goberno central se comprometa a actuar na pasarela do...

0
O alcalde, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Antonio Molinos, reuníronse esta tarde en Madrid co Secretario de Estado...

Once centros de estudos superiores participarán o 25 de febreiro na I Feira das...

0
Ademais dos centros de secundaria, que xa teñen visitas concertadas, a iniciativa está aberta ás familias Once centros de estudos superiores participarán na I Feira...

Publicacións Relacionadas