HomeA CoruñaDP Abogados faise coa Copa sénior Concello de Neda

DP Abogados faise coa Copa sénior Concello de Neda

- Anuncio -spot_img

A Copa sénior do Concello de Neda concluía na tarde do sábado no pavillón Ale de Paz coa vitoria do DP Abogados sobre a local SCD O Roxal. A competición de fútbol sala, organizada pola delegación en Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol, co apoio municipal, desenvolveuse durante o mes de maio coa participación dos oito equipos que xogaron previamente a Liga Social. A final remataba cun 1 -5 no marcador.

A concelleira de Deportes de Neda, Ángeles Puentes, facía entrega dos trofeos nunha cita, na que o vencedor da Liga regular, o Nuevo Minuetto, recibía tamén o seu galardón, en presenza do delegado en Ferrol da RFGF, Abraham Yáñez.

Publicacións Relacionadas