Home A Coruña Dumbría e Begonte acollen este venres as vindeiras charlas de ‘Toponimízate’

Dumbría e Begonte acollen este venres as vindeiras charlas de ‘Toponimízate’

- Anuncio -

· O Centro Social de Dumbría acollerá unha sesión ás 12:00 horas e a Casa da Cultura de Begonte será o escenario doutra charla a partir das 19:30 horas

· O público aprenderá a orixe e o significado dos nomes da terra de ambos os concellos e como funciona a aplicación Galicia Nomeada, que facilita a participación cidadá na recolla e xeolocalización de nomes de montes, leiras e outros microtopónimos

 Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chegará este venres a Dumbría (A Coruña) e Begonte (Lugo) con dúas novas charlas sobre a orixe e o significado dos nomes de lugar de ambos os concellos. A campaña coordinada pola Real Academia Galega co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística permitiralle ademais ao público aprender a empregar a aplicación colaborativa Galicia Nomeada, deseñada para facilitar a participación cidadá na recolla e xeolocalización de nomes de leiras, montes camiños ou fontes dende un dispositivo móbil. Dende a súa posta en marcha a finais de 2019, a plataforma recibiu unhas 68.000 achegas por parte das máis de 3.200 persoas e entidades colaboradoras.

O Centro Social de Dumbría acollerá o venres 17 de novembro a partir das 12:00 horas a primeira sesión do día, mentres que en Begonte a sesión terá lugar na Casa da Cultura a partir das 19:30 horas. O coordinador técnico de Galicia Nomeada, o filólogo da RAG Vicente Feijoo, impartirá ambas as charlas, que contan coa colaboración do académico de número Gonzalo Navaza na parte etimolóxica.

Tanto Dumbría coma Begonte comparten o feito de teren a súa microtoponimia sen recoller pois ningún destes municipios formou parte no seu día do Proxecto Toponimia de Galicia. Ademais, ata o momento as persoas colaboradoras incluíron só unhas ducias de topónimos en cada concello, polo que a Real Academia Galega quere convidar a todas as persoas interesadas no patrimonio inmaterial toponímico a asistir a ambas as sesións e participar en Galicia Nomeada.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas