HomeA Coruña«Durmindo con Tiburóns» volverá ao Aquarium Finisterrae en marzo e abril, coas...

«Durmindo con Tiburóns» volverá ao Aquarium Finisterrae en marzo e abril, coas preinscricións abertas a partir do vindeiro luns 2

- Anuncio -spot_img

O Concello colabora coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias na organización de dúas sesións orientadas a nenas e nenos de entre 10 e 12 anos. Serán os días 27 de marzo e 24 de abril

O Concello colabora coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias na organización das novas sesións da actividade «Durmindo con Tiburóns», que volverá nos meses de marzo e abril ao Aquarium Finisterrae.

Esta iniciativa, concibida para nenos e nenas de entre 10 e 12 anos, implica á rapazada en talleres sobre a bioloxía dos tiburóns, unha proposta que esta vez coincide no tempo co 20º. aniversario da chegada ao acuario coruñés de Gastón, o tiburón touro da sala Nautilus. Será xustamente alí, na sala, onde tamén durmirán as mozas e mozos participantes, rodeados de peixes.
“Durmindo con Tiburóns é unha das actividades de maior éxito das que organiza o Aquarium, e a súa celebración responde tamén ao pulo que o Goberno de Inés Rey está a dar á difusión da ciencia e da cultura entre os mozos e mozas da cidade”, indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Convocaranse dúas sesións para os vindeiros dous meses: os días 27 de marzo e 24 de abril. Ambas as quendas están dirixidas a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, e para cada sesión convocaranse un máximo de 20 prazas, nun horario que se estende desde as 20.00 horas do venres ata as 11.00 horas do sábado seguinte.

A preinscrición para ambas as sesións abrirase en liña ás 9.00 horas do luns 2 de marzo, a través deste formulario.

O prezo da actividade é de 45 euros. Para os nenos e nenas membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias o prezo é de 20 euros. Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal e, ademais, deberá levar a súa propia comida e utensilios.

Publicacións Relacionadas