Hoxe tivo lugar a recepción de Eizan Calo Fernández, medalla de prata en categoría alevín masculino do Campionato do Mundo de Patinaxe Artístico que se celebrou na localidade italiana de Trieste do 9 ao 18 de maio.
Na recepción, que se celebrou no salón de plenos do Concello, non faltaron familiares e compañeiros para acompañar a Eizan que non se separou da súa irmá, Ella Calo que tamén é patinadora no mesmo equipo; o rexedor, Luís Pérez, xunto ao concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, fixeron a entrega dun diploma honorífico acompañado dun bono de 100 euros para gastar nunha tenda deportiva do municipio.
O concelleiro de Deportes parabenizou tanto a Eizan como a Ella e doulles ánimos “para próximo Campionato estatal que se vai a celebrar en Barcelona nesta fin de semana no que competirán os dous irmáns en modalidade de parella”. Vidal tamén quixo visibilizar o esforzo que fai Eizan e Ella, xunto a toda súa familia polas horas de entreno e os múltiples viaxes, “levando o nome de Ribeira alá por onde compiten”.
Por outra banda, Luís Pérez Barral tamén tivo palabras de agradecemento e orgullo para Eizan e Ella; o alcalde destacou a gran calidade de deportistas que temos en Ribeira, “non só en deportes de equipo tamén en deportes individuais que están destacando moito en diferentes disciplinas e que dende o Concello de Ribeira queremos apoiar e visivilizar para que en Ribeira saibamos que fan e quen son os nosos deportistas”. Tamén fixo falou do traballo e esforzo colectivo que imprica esta modalidade.
Por último dende o Concello manteñen o compromiso co deporte e cos deportistas locais e agradeceron o acompañamento que fan as familias e as amizades aos deportistas e destacaron a implicación do Club de Patinaxe ou da súa adestradora Elena Rey.