HomeA CoruñaEmpresas carballesas de turismo avanzan cara un sector máis sostible a través...

Empresas carballesas de turismo avanzan cara un sector máis sostible a través do programa formativo C4S

- Anuncio -spot_img

Empresas carballesas do sector turístico participan no proxecto C4S-Carballo pola sostibilidade, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo co obxectivo de conseguir “un turismo de calidade que xere valor no noso concello”, como sinala o concelleiro da área, Xosé Regueira.

Nas dúas primeiras sesións formativas, celebradas os días 14 e 21, os/as empresarios/as participantes abordaron os conceptos chave de sostibilidade vinculados ao turismo e a súa dimensión ambiental. Por diante teñen outras dúas xornadas de traballo para afondar na dimensión social da sostibilidade e na súa integración na organización do negocio.

O programa C4S nace co obxectivo de facilitar e impulsar a integración da sostibilidade como factor diferencial e competitivo nos negocios locais do sector turístico de Carballo, poñendo en valor o patrimonio natural e cultural. C4S é un programa de difusión, formación, asesoramento, acompañamento e empoderamento para promover e facilitar a transición sostible como fonte de vantaxe competitiva para negocios turísticos. Estes son os obxectivos:
• Apoiar á hostalaría, aloxamentos e turismo activo na adopción de medidas sostibles
• Sensibilizar sobre o impacto e as oportunidades do turismo sostible nos negocios do sector
• Sentar as bases dunha rede de negocios comprometidos coa sostibilidade na vila
• Crear un espazo de diálogo entre os axentes do sector
• Reforzar a imaxe de Carballo como destino turístico sostible e de calidade, atractivo para un visitante máis concienciado.

Despois das catro sesións colectivas de formación teórica colectiva, o programa continuará coa fase de mentorización e asesoramento individualizado.

Publicacións Relacionadas