Home A Coruña En Bergondo o 2025 será o ‘Ano Florencio Vaamonde Lores’

En Bergondo o 2025 será o ‘Ano Florencio Vaamonde Lores’

- Anuncio -

· O Concello continúa así coa súa iniciativa para homenaxear a autores e autoras relacionadas co municipio, despois de celebrar en 2024 o ‘Ano Xoán Vicente Viqueira’.

· Co obxectivo de poñer en valor a súa obra, creouse un logo específico e difundirase a súa obra e legado mediante actos e actividades.

· Florencio Vaamonde naceu en San Xoán de Ouces en 1860 e foi unha das figuras máis relevantes da literatura galega do século XIX.

O Concello de Bergondo nomea o ano 2025 como ‘Ano Florencio Vaamonde Lores’, en homenaxe a unha das figuras máis relevantes da literatura galega do século XIX que naceu na parroquia de San Xoán de Ouces o 2 de abril do ano 1860.

O goberno local continúa así co seu proxecto para poñer en valor a autores e autoras ilustres relacionadas co municipio, despois de celebrar no 2024 o ‘Ano Xoán Vicente Viqueira’. Está previsto que en 2026 as figuras homenaxeadas sexan as de Filomena Dato e Alejandro Pérez Lugin.

Co obxectivo de poñer en valor a obra de. Florencio Vaamonde Lores creouse un imagotipo específico que se usará, desde o 1 de xaneiro de 2025, en todas as comunicacións oficiais do Concello de Bergondo. Ademais, ao longo do ano difundirase a súa obra e legado mediante diferentes actos e actividades.

O imagotipo deseñado realizouse coa idea de evocar, a través de diferentes elementos visuais, a esencia da época na que viviu o autor, o seu estilo e legado cultural. Para iso utilizouse unha tipografía serifa, que reforza esa conexión cultural, e representouse, a través dun símbolo, ao autor sentado, en posición serena e reflexiva, evocando o seu intelecto e o contexto cultural galego no que se relacionaba. Xuntos, estes elementos comunican con forza a esencia do personaxe homenaxeado e o seu legado, creando unha identidade visual sólida.

Florencio Vaamonde Lores

Criado no seo dunha familia nobre, Florencio Vaamonde pasa a súa infancia entre San Xoán de Ouces e A Coruña, onde traballou como funcionario de Facenda e consagrou o seu tempo para consolidar as letras galegas e a dignificar a lingua nacional.

No ano 1897 participou participou na fundación da liga Galega, unha organización política presidida por Manuel Murguía e dirixida por un comité formado por Lugrís Freire, Salvador Golpe e Carré Aldao que redactou os seus estatutos completamente en galego. O 4 de setembro de 1905, Vaamonde Lores participou na fundación da Real Academia Galega. No ano 1907 contribuíu á constitución de Solidariedade Galega e en 1916 participou na fundación das Irmandades da Fala.

Na súa faceta como estudoso, publicou artigos de carácter histórico en diferentes xornais como A Fidelidade, Revista Galega ou O Tribuno. Como poeta, continuou a escola formalista liderada por Eduardo Pondal e publicou algúns poemarios. En prosa cultivou a novela de costumes, mentres se manifestou como rigoroso ensaísta.

Relacionadas

O Concello pon en marcha os traballos de reconstrución da duna de Riazor tras...

0
Está previsto que a estrutura de area que protexe o Paseo Marítimo estea reparada esta semana O Concello comezou esta semana os traballos de reparación...

O Concello de Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo de Barallobre

0
O Concello fai un chamamento ao civismo e retirará as casetas danadas, que veñen sufrindo varios ataques nos últimos meses O Concello de Fene vese...

O Concello organiza formacións de prevención de caídas para persoas maiores

0
O Concello vai organizar ao longo das diversas semanas unha formación para prevención de caídas dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas...

O Concello de Frades abre inscricións no concurso de disfraces de Entroido, que repartirá...

0
As inscricións poden realizarse no Concello ata o 28 de febreiro Un ano máis, o Concello de Frades abre o prazo para inscribirse no seu...

Incendio en vehículo en Torelo, no concello de Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Cee foron alertados dun incendio dun vehículo no Km 62 da AC552, en Torelo, concello de Vimianzo. O vehículo...

Inés Rey: “Máis de catro décadas de servizo avalan a carreira militar de Amador...

0
A alcaldesa presidiu a cerimonia de nomeamento do xeneral como cabaleiro de honra da Real Orde de María Pita  A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta...

Publicacións Relacionadas