Free Porn
xbporn
Home A Coruña En marcha a oitava edición do Chanfaina lab

En marcha a oitava edición do Chanfaina lab

- Anuncio -

Agora si que si. Coa chegada das cineastas ao longo da mañá e da tarde, este venres comezou unha nova edición do encontro audiovisual Chanfaina lab. Foron vindo aos poucos, tendo como punto de encontro a Casa da Cultura para as instrucións iniciais sobre o desenvolvemento da cita e lugar onde a concelleira de Cultura, Araceli Bellas, lles deu a benvida oficial en nome do Concello. A partir de aí tocou descubrir o territorio nun tour que tivo como primeira parada o arboreto da Cortiña, onde todos e todas as participantes amadriñaron unha unha árbore -un sanguiño- como símbolo da pervivencia do Chanfaina e da súa raíz no territorio. Mañá toca planificar, ultimar os proxectos e poñerse a gravar pateando San Sadurniño á busca de historias e protagonistas, cun ollo no visor da cámara e outro no tempo, que disque vai vir entre nubes e craros e a posibilidade dalgunha pinga.

Ademais do primeiro día de filmacións, o sábado tamén traerá dúas actividades paralelas: ás 12:00h o espectáculo infantil “Cinema e historias da man de Alice Guy”, coa actriz e narradora Raquel Queizás, e á tardiña -20:00h-, a sección Clásicos Chanfaina lab, dedicada nesta ocasión á “Natureza salvaxe de San Sadurniño. O Forgoselo”.

A zona máis elevada de San Sadurniño foi, precisamente, a protagonista da tarde deste venres. O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa guiou unha pequena xeorruta pola zona de Racamonde para mostrar as formacións graníticas existentes na paisaxe e ofrecer unha visión xeral sobre o Xeoparque do Cabo Ortegal, de recente aprobación por parte da UNESCO.

A viaxe serviu tamén para que as persoas participantes, sobre todo as chegadas de fóra, se fixesen unha idea da dimensión territorial dun concello de case 100 quilómetros cadrados, dentro dos cales hai moitas cousas para ver e contar desde distintas ópticas -documental, ficción, experimental…-, pero que tamén implican un reto maiúsculo para localizar lugares e protagonistas, sen contar o tempo que se perde en desprazamentos se se pretenden facer tomas en varias parroquias.

Por esta razón, o Chanfaina conta cunha ampla rede veciñal, ademais do persoal da Aula CeMIT e de Cultura, para brindar apoio… ou, mellor dito, facer labores de produción que lles faciliten o traballo ás creadoras e creadores.

A maioría delas e deles mostraron no serán de hoxe unha pequena mostra do seu traballo, a xeito de pílulas visuais de pouco máis de dous minutos proxectadas na denominada “Eira de Cineastas” que tivo lugar na Casa da Cultura.

Agora toca recollerse cedo, posto que mañá sábado agarda un día de traballo intenso para recoller material visual co que preparar as pezas que poderemos ver na segunda parte do Chanfaina, aló por finais de xaneiro ou inicios de febreiro.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas