Free Porn
xbporn
Home A Coruña As intensas choivas dos últimos días están a agravar aínda máis os...

As intensas choivas dos últimos días están a agravar aínda máis os problemas de infraestruturas viarias e inundacións que xa se viñan sufrindo na zona do Paseo da Madalena

- Anuncio -

As intensas choivas dos últimos días están a agravar aínda máis os problemas de infraestruturas viarias e inundacións que xa se viñan sufrindo na zona do Paseo da Madalena. Ante esta situación, desde o BNG de Cabanas queremos facer unha serie de consideracións:

 É obvio que a zona da Madalena, pola súa situación, é especialmente vulnerábel ás inundacións, e que a solución ás mesmas pasa por unha actuación a longo prazo, como a que se está a levar a cabo coas obras que está a facer Augas de Galiza.

 É obvio tamén que o propio desenvolvemento das obras está a influír negativamente na situación a curto prazo, con movementos de terras e desvíos provisionais que dificultan e empeoran a situación.

 Porén, non nos podemos conformar con estas respostas. O desenvolvemento das obras (responsabilidade de Augas) vén sendo francamente mellorable desde o seu comezo.
Actuaron sen unha mínima preparación, sen saber o que ían atopar e tendo que rectificar en varias ocasións.

 Queremos lembrar, ademais, que as obras estiveron paralizadas durante varios anos pola creba da concesionaria, deixando inutilizado parte do aparcamento que empregaban como zona de depósito de materiais. Tamén que os grupos daquela na oposición culparon o goberno municipal a pesar de que as obras dependían de Augas (é dicir, da Xunta), organismo que se retrasou tanto en dar solución ao problema que, “casualmente”, non a houbo ata despois das eleccións e o cambio de goberno.

 Esta falta de previsión esténdese ao actual treito en obras e ao desvío provisional, que foi executado de xeito moi deficiente, e cuxas deficiencias causan problemas continuados. Xa van varias saídas de vida, avarías mecánicas e períodos de incomunicación, como o destas horas.

 E tamén se estende a un goberno local que, coñecedor desta situación, non levou a cabo ningún traballo de prevención. As declaracións do alcalde empregando como desculpa para as inundacións que a empresa de limpeza comezou por outra zona amosan unha falta considerable de previsión. Non tería bastante máis sentido ter comezado por unha zona que é ben sabido que se pode inundar con facilidade, sen saídas alternativas e na que, ademais, o movemento de terras continuo afectaría a capacidade de evacuación do sistema de pluviais?

Ante todo isto, desde o BNG queremos denunciar a falta de previsión tanto de Augas coma do goberno municipal.

Non é normal levar a cabo unhas obras coma estas sen ter en conta a composición do chan e a capacidade de evacuación da auga, sen crear itinerarios alternativos de saída e tendo que dar marcha atrás en varias ocasións. Tampouco é normal que, sendo coñecedor desta situación, o goberno local non priorice as actuacións nesta zona nos aspectos que son da súa competencia, como a limpeza de rexistros.

Non é normal ter rúas afundidas ou convertidas en piscinas, vivendas e terreos anegados, o piñeiral convertido nunha lagoa, o túnel da vía só apto para o paso en canoa e a única saída da zona, un vial mal pensado e mal executado, inutilizado.

Todo o desenvolvemento destas obras foi unha mostra do pensamento “ti vai facendo” promovido desde un organismo gobernamental.

Merecemos algo mellor. Por iso, no próximo pleno solicitaremos unha reunión dos responsables da obra con toda a corporación do pleno municipal para buscar solucións a longo prazo e pedirlle a Augas que amose, por fin, unha mínima capacidade. Porque resignarnos a agardar a que acaben as obras non é unha solución

Relacionadas

O PP de Cabanas renuncia a 148.000 € dunha subvención conseguida polo BNG no...

0
A subvención, equivalente ao 5% do orzamento municipal, buscaba mellorar a conectividade e apoiar o comercio e hostalería locais, seguindo a liña de traballo...

O espectáculo ‘Somos criminais e punto final’ pechará o ano do Teatro Colón con...

0
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volverán á cidade co seu recoñecible humor os días 28, 29 e 30 de decembro O espectáculo ‘Somos criminais...

O Concello de Fene asina convenios de colaboración por 23.800 € con diversas entidades...

0
As entidades beneficiarias son o CRD Agarimo, a Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, a Asociación Perla Mural Fest e a Asociación de Comercio, Hostalería...

Máis de 60 mozos e mozas de Paderne reciben desde este outubro clases de...

0
Impártense a estudantes de 3 a 16 anos nas dependencias da Casa Consistorial habilitadas, coa novidade das Técnicas de Estudo Sergio Platas: “Como institución máis...

Incendiados catro colectores en diversos puntos Da AC-550, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados onte de diversos incendios en colectores da localidade.O primeiro aviso tivo lugar pasadas as 21:30...

Accidente de tráfico na N-651 ao seu paso polo concello de Paderne

0
Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos participaron esta tarde nun operativo derivado dun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada N-651, á...

Publicacións Relacionadas