Home A Coruña O goberno de Cabanas renuncia ao proxecto de humanización da N651

O goberno de Cabanas renuncia ao proxecto de humanización da N651

- Anuncio -

Confirmouno o alcalde (PP) na Comisión de Urbanismo

O alcalde de Cabanas (PP) anunciou na última Comisión de Urbanismo que o novo goberno local renuncia a continuar co proxecto de humanización da N651 no treito urbano da Avenida do Areal, baixo o argumento falaz de que é unha estrada de titularidade estatal.

A inacción dos diferentes gobernos do Estado (do PP, do PSOE e de PSOE – Podemos/Sumar) para resolver os graves problemas de accesibilidade e seguridade do treito da estrada N651 ao seu paso por Cabanas, levou ao anterior goberno municipal a realizar un proxecto de humanización da marxe dereita sentido Ferrol, entre a rotonda de entrada ao termo municipal e o supermercado Comesano, a zona máis comercial de toda a Avenida do Areal.

As actuacións proxectadas contemplaban a mellora da accesibilidade e seguridade viaria coa instalación de plataforma única adaptada ás diferentes necesidades de mobilidade (actualmente é un punto negro no que ten a ver coa accesibilidade), e a instalación de novos pasos de peóns (4 na avenida e 3 nas rúas que a cruzan). Ademais, substituiríanse as luminarias con LEDs, mellorando a iluminación e conseguindo un maior aforro enerxético, e se instalarían novas canalizacións para a subministración de auga e a rede de pluviais e saneamento, corrixindo as fisuras e filtracións que se veñen sufrindo polo mal estado das instalacións actuais. Por último, realizaríase unha reordenación dos aparcadoiros, coa creación de zonas para o estacionamento en batería e novas zonas para carga e descarga, ademais da reubicación das paradas de autobuses en lugares máis seguros, e melloras nos dous cambios de sentido existentes (Día Oito e Tras da Vila).

Estaba previsto que estas actuacións fosen financiadas con fondos propios, aos que se sumaban os 180.000 € que a Deputación achegaría a través dun convenio que xa foi asinado polo anterior executivo.

Porén, o actual goberno de Cabanas decidiu renunciar a seguir adiante con este proxecto por considerar “que debe ser o Estado quen execute as obras”.

Desde o BNG lembran que tanto os gobernos do PP como os do PSOE no Estado levan dúas décadas renunciando a realizar estas obras “de vital importancia para o desenvolvemento urbano de Cabanas”, e malia que o BNG presentou emendas aos Orzamentos Xerais do Estado todos os anos para que estas actuacións fosen executadas, nin o PP, nin o PSOE apoiaron estas reivindicacións “estivesen no goberno ou na oposición”.

“Os gobernos municipais están para resolver os problemas da súa veciñanza, e iso pasa por ter a valentía para afrontar os proxectos que transforman a vida dos concellos” sinalou o portavoz municipal do BNG, Iago Varela, quen lamentou a “actitude soberbia” do alcalde de Cabanas para “non só botar abaixo un proxecto de gran impacto para Cabanas, senón tamén para renunciar a un investimento que supera o medio millón de euros e para o que se conseguiron fondos externos”.“Bastaron seis meses para ver que o PP non só carece de proxecto propio, senón que tampouco ten nin o interese nin as persoas coa capacidade de continuar cos proxectos que quedaron comezados”, lamentan desde o BNG. 

Relacionadas

Saída de vía con dous vehículos involucrados na AG-11, en Boiro

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon esta tarde unha saída de vía na AG-11 en sentido Padrón, á altura do quilómetro 23. Dous...

A Banda Municipal de Música da Coruña bateu o seu récord de espectadores e...

0
A formación municipal programou o ano pasado un total de 47 espectáculos, cunha asistencia total de 45.500 espectadores A Banda Municipal de Música da Coruña...

Miño amplía o servizo de Xantar na Casa de 10 a 15 persoas beneficiadas

0
O renovado convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asegura a continuidade do programa ata 2028. O Concello de Miño...

Protección Civil de Bergondo pecha 2024 con máis dun milleiro de actuacións

0
· O 40% das intervencións eran de emerxencia e risco. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Bergondo acaba de presentar o balance...

Extinguido un lume nun cadro eléctrico nas Salgueiras, Concello de Coristanco

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron As Salgueiras, parroquia de Seavia no concello de Coristanco por un aviso dun incendio dun cadro...

Éxito de público na apertura do novo supermercado de Donaya Market Ramen na Grela,...

0
● Con máis de 400 metros cadrados, este establecemento é o supermercado asiático máis grande da Coruña. ● Ofrécense produtos, frescos, refrixerados, conxelados e envasados...

Publicacións Relacionadas