HomeA CoruñaEvencio Ferrero asinou no Libro de Honra do Concello

Evencio Ferrero asinou no Libro de Honra do Concello

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, recibiu ao seu antecesor no cargo para convidalo, como é costume, a asinar no Libro de Honra. Evencio Ferrero completou a súa despedida da Alcaldía con esta mensaxe: “Con este agasallo dos traballadores/as do concello (en alusión ao bolígrafo) asino, con moita honra, neste documento vivo da nosa historia local. Vinte e dous anos na Alcaldía e algún máis previamente na oposición permitiron iniciar a transformación de Carballo, e agardo que, neste futuro inmediato, o noso querido concello se converta cada vez máis nun bo lugar para vivir. Viva Carballo sempre!”

Publicacións Relacionadas