Home A Coruña Éxito da iniciativa para visitar a iluminación de Nadal de Vigo

Éxito da iniciativa para visitar a iluminación de Nadal de Vigo

- Anuncio -

• O Concello facilitou, completamente de balde, dous autobuses que levaron á veciñanza inscrita ata a cidade olívica para gozar das súas famosas luces de Nadal.

• “Sempre apostamos por iniciativas como esta, que ofrecen unha oportunidade única para compartir unha xornada moi especial en familia ou con amigos”, destacou o alcalde Juan Alonso Tembrás.

A iniciativa do Concello das Somozas con máis éxito deste Nadal foi a posta en marcha de dous autobuses, totalmente de balde, para que a veciñanza que o desexara puidera visitar o alumeado de Nadal da cidade de Vigo.

Os transportes saíron ao mediodía do día 28 de decembro e regresaron ás Somozas sobre as 22:30 horas do mesmo día. A veciñanza participante puido pasar unha completa xornada na cidade olívica e desfrutou da súa famosa iluminación nestas datas.

“Sempre apostamos por iniciativas como esta, que ofrecen unha oportunidade única para compartir unha xornada moi especial en familia ou con amigos, desfrutando dunha das atraccións de Nadal máis populares de Galicia. Estamos moi contentos e orgullosos do gran recibimento e do éxito acadado con esta actividade”, destacou o alcalde, Juan Alonso Tembrás.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas