“As Tardes do Alfar”, o microfestival organizado polo Concello de Oleiros, comezou cun fantástico concerto dun dos pioneiros do rock galego, o icónico la Miguel Costas.
O Parque das Torres acolleu a proposta en solitario do guitarrista, compositor e vocalista que leva máis de catro décadas marcando a historia do punk rock con temas que xa forman parte do imaxinario colectivo. Costas é un pioneiro do rock galego e alma fundadora de bandas consolidadas como Siniestro Total ou Aerolíneas Federales.
O numeroso público gozou en directo dun referente da música galega cunha posta en escena enérxica, irreverente e chea de historia.
O festival continúa o próximo xoves, co concerto de Doctor Snob ás 20:00 horas. Antes, volverá haber ás 19:00 horas, haberá unha demostración de olería ao vivo da man do artesán Alberto Añón, que converterá o parque nun espazo de creación artística e cultura tradicional.