HomeA CoruñaÉxito na primeira saída sociocultural termal de Paderne con máis de 30...

Éxito na primeira saída sociocultural termal de Paderne con máis de 30 veciñas e veciños participantes

- Anuncio -spot_img

 O alcalde, Sergio Platas, acompañou en Vilalba ás persoas inscritas nesta actividade, que ante a elevada demanda, ampliará o número de inscricións para as vindeiras sesións.

Éxito na primeira saída sociocultural termal de Paderne, ao Hotel Spa Attica21 de Vilalba, con máis de 30 veciñas e veciños participantes. O alcalde, Sergio Platas, acompañou ás persoas inscritas nesta actividade, que ante a elevada demanda, ampliará o número de inscricións para as vindeiras sesións. De feito, o obxectivo é que esta iniciativa teña caracter mensual, e a lo menos, impulsala tamén durante os meses de decembro, xaneiro e febreiro.
Esta visita inclúe, por 10 euros, o traslado en autobús, o monitor e o acceso ás instalacións termais, e a vindeira organizarase o 17 de decembro. Os requisitos para participar é ter 60 ou máis anos, estar preferentemente empadroado no Concello de Paderne e non precisar apoio para realizar a actividade.
Para máis información, pódese contactar no 981 79 70 01 ou en cultura@concellodepaderne.com .

Excursión a Samos
Este sábado, 29 de novembro, a veciñanza visitará o Mosteiro de Samos, Sarria e Lugo, con saída ás 9:00 horas da Casa do Concello. O obxectivo destas iniciativas é fomentar a convivencia entre a veciñanza toda vez que se coñece o noso patrimonio e se contribúe a mellorar as condicións físicas e emocionais da veciñanza.

Publicacións Relacionadas