Home A Coruña Exposición e relatorio no CIMM de Cabanas: “Redes: o Porto e a...

Exposición e relatorio no CIMM de Cabanas: “Redes: o Porto e a Cabria”

- Anuncio -

Poderase visitar entre o día 1 e 15 de xullo

O venres 1 de xullo, ás 19 horas, o Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas (CIMM), situado no Parque do Areal, acollerá a inauguración da exposición “Redes: o Porto e a Cabria”, que se poderá visitar até o próximo 15 de xullo, no horario de apertura habitual do Centro.

Ernesto López Naveiras, membro da Agrupación Instrutiva de Caamouco e gran coñecedor do pasado mariñeiro do porto de Redes, fará un relatorio que se completará cunha proxección sobre Redes desde os anos 1912 a 1950, onde se amosará a historia mariñeira, emigrante e labradora deste porto da ría especializada na pesca da sardiña.

A colección de fotografías que se poderá visitar no CIMM de Cabanas pertence á Agrupación Instrutiva de Caamouco, e foi recompilada durante máis de 30 anos, casa a casa, grazas á colaboración de todo o pobo. A través delas, poderemos coñecer a singularidade dun porto mariñeiro na súa arquitectura, a tradición pesqueira, as costumes e a vinculación coa terra e co mar.

Estas instantáneas inéditas da primeira metade do pasado século, constitúen un arquivo etnográfico fundamental para coñecer as tradicións do porto e as súas artes de pesca. Recolle elementos singulares como a lancha xeiteira, utilizada na pesca da sardiña coa arte centenaria do xeito, que faenaba a vela e remo.

A gran labor de recuperación de tradicións e documentación que vén facendo a Agrupación Instrutiva de Caamouco desde hai moitos anos permítenos gozar do patrimonio material e inmaterial do porto de Redes.

O Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas é un proxecto impulsado pola área de medio ambiente do Concello de Cabanas, e conta con financiación dos Fondos Europeos Marítimos e de Pesca, canalizados a través do GALP Golfo Ártabro Norte.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas