Home A Coruña Exposición ‘Nós somos elas’, onde a fotografía e a poesía se unen...

Exposición ‘Nós somos elas’, onde a fotografía e a poesía se unen ata conformar un retrato fiel do mundo rural e mariñeiro

- Anuncio -

· A mostra organizada polo Concello de Cariño en colaboración coa área de Igualdade da Deputación da Coruña.

· As persoas interesadas poden visitala ata o 27 de maio no Local Social da Casa do Concello.

O Concello de Cariño organiza, en colaboración coa área de Igualdade da Deputación da Coruña, a exposición ‘Nós somos elas’. Na mostra, conformada por 24 obras seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal (declarado Ben de Interese Cultural), conflúen a fotografía e a poesía ata dar como resultado un retrato do mundo rural e mariñeiro.

A escolma rescata retratos de mulleres fotografadas no seu ámbito laboral e privado, cos seus fillos e fillas ou mesmo coas súas compañeiras. Cada imaxe está acompañada, ademais, dos versos dunha das seguintes poetisas: Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradàns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño. Deste xeito, o pasado e o futuro entremestúranse na mostra. O pasado, reflectido nas imaxes de Xosé Vidal, e o futuro, nos versos das autoras.

A exposición poderá visitarse de balde ata o 27 de maio no Local Social da Casa do Concello (avenida da Paz).

Arquivo Vidal

O arquivo Vidal está composto por máis de 67.000 instantáneas realizadas desde finais do século XIX ata finais do XX. A autoría das imaxes hailla que atribuír aos fotógrafos locais José María Vidal –quen asina a totalidade das obras de ‘Nós somos elas’ e a Plácido Vidal.

Os Vidal foron retratistas da vida cotiá da comarca de Laxe. Ao longo da súa traxectoria profesional retrataron festas, procesións, concentracións deportivas, actos relixiosos, personaxes populares, visitantes ilustres, e todo tipo de acontecementos sociais. Dentro da súa obra, as mulleres ocuparon un lugar prominente, sendo protagonistas de numerosas instantáneas.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas