Falece un operario mentres traballaba no monte en Villardigo, no concello de Outes, tras caerlle unha árbore encima

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque provincial de Boiro tiveron que acudir ata o lugar de Villardigo, no concello de Outes, tras ser alertados esta mañá polo 112 dun accidente laboral no monte que deixara unha persoa atrapada baixo unha árbore mentres estaba a cortala. No lugar, o médico de garda certificou a morte da vítima, un home de 31 anos.

Interviñeron a Policía Local de Outes, GES Noia, Policía Xudicial, Garda Civil e 061.

Comparte este artigo