Os bombeiros do parque provincial de Carballo foron requiridos pasadas as 19:00 horas de onte, xoves 30 de xaneiro, para tomar parte nun operativo provocado entre un turismo e un tractor en San Miguel de Vilela, no concello de Carballo.
Ao chegar ao lugar da incidencia proceden á liberación do corpo da persoa que operaba o tractor, a cal resultou falecida.
Completaron o operativo Protección Civil, a Garda Civil e o 061.