Home A Coruña Fene abrirá o prazo de inscrición nas súas Escolas de Música o...

Fene abrirá o prazo de inscrición nas súas Escolas de Música o vindeiro 5 de outubro

- Anuncio -

As persoas interesadas en anotarse en piano-solfexo ou guitarra deben solicitar cita previa

A Concellería de Cultura publica a normativa xeral de matriculación para as escolas culturais municipais de piano-solfexo e guitarra, dirixidas a nenos/as a partir de cinco anos e poboación en xeral. As persoas que desexen anotarse en calquera das dúas actividades, deberán solicitar cita previa os días 3 e 4 de outubro nos teléfonos 981 492 804 ou 607 626 812, de 8:30 e as 14:00.

Unha vez solicitada a cita, presentaranse nas dependencias administrativas do Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín no día e hora sinalados, tendo en conta que os días 5 e 6 de outubro realizaranse as inscricións para os residentes en Fene e o día 7 para a totalidade da poboación. Este novo curso das escolas culturais de música do Concello de Fene prolongarase dende o luns 17 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

A incorporación farase no primeiro día fixado para cada actividade.
Na escola de piano-solfexo, as aulas de solfexo organizaranse en función do nivel/idade. Os horarios de práctica instrumental (piano) para cada alumno/a escolleranse no momento de efectuar a matriculación. A escolla farase por rigorosa orde de inscrición e segundo as franxas horarias establecidos no cadro de horarios publicado na normativa xeral de matriculación (un alumno/a por franxa horaria en sesións de unha hora de práctica instrumental á semana). Pola súa parte, na escola de guitarra estableceranse 2 niveis: iniciación e perfeccionamento, cun único grupo por nivel. En calquera dos dous niveis, os/as participantes disporán de súas sesións de unha hora de duración á semana.

As Escolas que entren en funcionamento no curso 2022/2023, en base á matriculación rexistrada, faranse públicas no taboleiro do pavillón polideportivo da Xunqueira e na páxina web: http://www.fene.gal o día 13 de outubro.

En canto ao custe das actividades, dende a Concellería de Cultura de Fene infórmase que o alumnado de piano-solfexo terá que aboar tres cotas/curso de 16,80 € (menores), 38,60 € (adultos) ou 30,90 € (maiores de 65 anos). Na de guitarra (todos os niveis) estableceranse igualmente tres cotas/curso de 16,80 € (menores) ou 38,60 € (adultos).

Para máis información sobre as escolas culturais municipais, cómpre chamar aos teléfonos das dependencias administrativas: 981 340 366 (Cultura) – 981.49.28.04 (Pavillón de San Valentín).

A Concellería de Cultura ten previsto ampliar a oferta formativa con cursos monográficos de diferentes modalidades que se ofertarán a principios do ano 2023.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas