Home A Coruña Fene avanza na creación dun espazo museístico na Escola Unitaria de Sillobre

Fene avanza na creación dun espazo museístico na Escola Unitaria de Sillobre

- Anuncio -

O proxecto busca preservar a memoria e o patrimonio cultural da parroquia e da contorna rural fenesa

A iniciativa, impulsada por Ferrolterra Antiga e a SCRD Agarimo, conta co respaldo do Concello de Fene

A Escola Unitaria de Sillobre converterase nun espazo museístico dedicado á historia, memoria e patrimonio cultural da parroquia e da contorna rural de Fene. Así se acordou nunha serie de reunións celebradas entre representantes da Asociación Cultural Ferrolterra Antiga e da SCRD Agarimo de Sillobre, José Sardiña e Eva Mª Fraga, xunto co alcalde de Fene, Juventino Trigo e o concelleiro de cultura, Justo Martínez.

As proposta, promovida polas entidades culturais, busca recuperar e poñer en valor a riqueza etnográfica de Sillobre, dinamizando o rural, estimulando o pequeno comercio e fomentando a creación de actividades produtivas ligadas á artesanía e á agricultura. O espazo tamén servirá para potenciar proxectos culturais xa existentes, como a Ruta das Lavandeiras ou a Ruta da Santa Compaña, e para desenvolver novos produtos culturais que reforcen a identidade local.

Eva Mª Fraga, en representación de Agarimo, destacou a importancia de preservar a memoria e o material histórico da parroquia. “Hai moito interese en conservar o patrimonio de Sillobre, non só os obxectos e documentos, senón tamén as historias e vivencias que forman parte da nosa identidade. O espazo museístico será unha ferramenta clave para transmitir este legado ás xeracións futuras”.

Un espazo de exposición e divulgación cultural

O proxecto contempla a creación dunha sala de exposición permanente dedicada á historia das escolas unitarias, ás lavandeiras e á vida tradicional da parroquia, ademais de outros espazos para exhibicións temporais, actividades audiovisuais e mostras fotográficas. “Este futuro museo será un punto de encontro para a historia e a cultura de Sillobre, onde veciñanza e visitantes poderán descubrir como era a vida no rural de Fene”, explicou Juventino Trigo.

Este preacordo supón un primeiro paso para facer realidade un proxecto que busca recuperar, conservar e difundir o patrimonio de Sillobre, ao tempo que contribúe á dinamización cultural e social do municipio.

Relacionadas

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Secundino García solicítalle a Martina Aneiros actuacións “urxentes” no CPI de San Sadurniño

0
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá até San Sadurniño para visitar as obras financiadas nas dúas últimas anualidades...

O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e...

0
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario...

O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar hábitos saudables...

0
O Concello de Ribeira fixo entrega hoxe das becas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida saudables, apoiar economicamente a...

Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé...

Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por mor das...

0
Desde o día 30 de xaneiro e por un período de 2 meses, procederase ao corte total de tráfico do tramo final da Avda....

Publicacións Relacionadas