Home A Coruña Fene prepárase para o 20º Slalom Scratch, cita imprescindíbel do automobilismo galego

Fene prepárase para o 20º Slalom Scratch, cita imprescindíbel do automobilismo galego

- Anuncio -

O evento celebrarase este sábado 23 de novembro no circuíto urbano de San Valentín

A proba reúne 83 participantes, igualando o récord histórico de edicións anteriores

Este sábado, 23 de novembro, Fene converterase no epicentro do automobilismo galego coa celebración do 20º Slalom Scratch, unha proba organizada pola Escudaría Scratch Fene coa colaboración do Concello de Fene. O evento, que terá lugar no circuíto urbano de San Valentín, reunirá 83 participantes, igualando o récord histórico de participación de anteriores edicións. Entre eles destaca a presenza de Rubén Gandoy, veciño de Fene e actual campión galego.

As actividades darán comezo ás 8.00 horas coas verificacións técnicas dos vehículos, mentres que as probas arrancarán ás 10.15 horas e se desenvolverán de forma ininterrompida até o remate do evento, que culminará coa entrega de premios ás persoas participantes. O 20ª Slalom Scratch será tamén a última proba do calendario desta disciplina, o que reforza a súa importancia dentro do panorama automobilístico galego e atrae competidores e toda Galiza.

Adán Chao, concelleiro de deportes, subliñou a relevancia deste evento durante a presentación oficial da proba, celebrada no Concello de Fene. “O Slalom Scratch é xa un emblema do noso concello, e un referente para o automobilismo galego”, destacou Chao, quen animou á veciñanza e persoas afeccionadas ao automobilismo a achegarse este sábado a San Valentín “para desfrutar dun espectáculo deportivo único”.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas