Home A Coruña Fene vai de Entroido

Fene vai de Entroido

- Anuncio -

Abre o prazo de inscrición para as comparsas que queiran participar no desfile e festival que terá lugar na Praza do alcalde Ramón José Souto González o mércores 22 de febreiro, no marco do Entroido fenés. As agrupacións interesadas en anotarse poderán facelo até as 14.00 horas do mércores 15 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello e optar ás axudas que establece o Concello de Fene (bases publicadas na web municipal) para fomentar a participación da veciñanza nos actos do Entroido.

A Concellería de Cultura ultima os preparativos do Entroido 2023 que se desenvolverá nas xornadas do martes 21 e mércores 22 de febreiro, festivo local no Concello de Fene. O ciclo comezará o martes 21, Martes de Entroido, a partir das 18.00 horas cunha festa infantil a cargo de La Guagua e co tradicional reparto de lambetadas para todos os nenos e nenas participantes. A xornada completarase cunha verbena a cargo da Orquestra Panamá, que comezará arredor das 21.00 horas e que incluirá a actuación dun Dj durante o descanso.

As actividades do Entroido en Fene continuarán o mércores 22 de febreiro, Mércores de Cinza e festivo local no termo municipal. Haberá concentración de comparsas ás 17.30 horas en Perlío (Pista Polideportiva do CCRD de Perlío) para iniciar un percorrido pola Rúa San Salvador, Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avda. Naturais ata chegar á Avenida do Concello.

Ao chegaren á Praza do alcalde Ramón José Souto González, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento do Entroido, a queima do boneco e o espectáculo pirotécnico (no Parque Castelao).

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas