HomeA CoruñaFin de semana de hip hop e baile deportivo en Fene

Fin de semana de hip hop e baile deportivo en Fene

- Anuncio -spot_img

O pavillón da Xunqueira de San Valentín acollerá esta fin de semana o Hip Hop Galician Dance Tour e o XII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene, dous eventos que reunirán en Fene nas xornadas do sábado 22 e domingo 23 de marzo a máis de mil deportistas.

O Hip Hop Galician Dance Tour – Liga Galega Xunta de Galicia de Hip Hop celebrarase o sábado, en xornada de tarde, de 14.00 a 21.00 horas, e o custe das entradas será de 10 € (agás para os/as menores de 12 anos que será de balde). En canto ao XII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene, o horario da competición será o domingo, de 11.00 a 20.00 horas, e o custe das entradas será de 9 € (agás para os/as menores de 12 anos que non terán que pagar)

Logo de dous anos desde que se comezara a organizar este circuito –que xa está consolidado coma un dos máis importantes a nivel estatal- o Hip Hop Galician Dance Tour recala en Fene, localidade que se incorpora ao circuito canda outras sés do evento como Vigo, Narón, Marín e Lugo.

A proba contará con máis de 700 deportistas nas diferentes categorías, desde Baby a Premium, proba que será válida para o ranking nacional e para o ranking galego, Neste último e logo de finalizar as cinco probas, os grupos participantes poderán optar a acadar o título de Campión Galego de Hip Hop. Para avaliación dos/as bailaríns, o torneo contará con tres xuíces/as procedentes de diferentes puntos de España.

Trala cita co hip hop do sábado, o domingo 23 de marzo Fene acollerá o XII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene, coa participación do máis de dous centos bailaríns, cinco xuíces procedentes de distintas zonas do territorio español e dous portugueses. Coma en edicións anteriores haberá distintas categorías: Standard, Latino, 10 Bailes, Single, Danza Coreográfica y Caribeños . E os/as participantes poderán competir a nivel nacional para conseguir os desexados puntos para os seus respectivos rankings.

Ámbalas dúas probas desenvolveranse nun marco incomparable como é o pavillón de San Valentín, e arroupadas por unha magnífica decoración con luz e son.

Eventos organizados polo Concello de Fene coa colaboración da Federación Galega de Baile Deportivo (FGBD), CBD Narón, Asociación Fene Movemento e Tedaga.

Publicacións Relacionadas