Home A Coruña “Voces de Ultratumba”, a primeira banda de punk galega integrada só por...

“Voces de Ultratumba”, a primeira banda de punk galega integrada só por mulleres, actuará o día 23 na contorna do paseo marítimo de Neda

- Anuncio -

Regresa ós escenarios reivindicando a súa esencia ochenteira e o seu presente interxeneracional

“Voces de Ultratumba”, a primeira banda punkgalega integramente composta por mulleres, ós escenarios 35 anos despois reivindicando a súa esencia ochenteira e o seu presente interxeneracional. E nesa volta, farán parada en Neda para ofrecer un dos seus potentes concertos. Será o venres 23 de setembro, a partir das 20:30 horas, no paseo marítimo, no porche do Albergue de Peregrinos.

Daquela banda dos 80 permanecen tres das fundadoras: Chus Taboada; Marisé Izquierdo e Eva Izquierdo, ás que se unen no seu regreso Maritxu Alonso e Nuturk.

Así mesmo, os selos Ferror Records, Uterzine e Educación Cínica rescatan as súas gravacións orixinais para editalas en formato físico por primeira vez, facendo bo que nunca é tarde para coñecer e divulgar a mulleres pioneiras da historia musical galega.

En 1984, Chus Taboada -cantante e letrista- e Marisé Izquierdo -teclados- activan “Voces de Ultratumba” con tres músicas máis: Eva Izquierdo -guitarra-, Viví -baixoe Elena -batería-. Eva pasaría máis tarde a tocar a batería e a conformarse como outra integrante máis da argamasa principal. É de sinalar, ademáis, que Chus e Marisé foron grandes activistas culturais, poñendo en marcha un dos fanzines vigueses máis importantes do seu tempo: Escupe.
Tiñan todo para triunfar: unha posta en escea impecable, oscura estética, unha líder con moita personalidade e táboas no escenario, e cancións magníficas armadas con ritmos post punk e sinistros realmente envolventes.
Con actuacións no mítico Kremlin de Vigo, na Semana do Rock organizada polo Concello de Vigo no parque de Castrelos ou no Porto, gravan varias maquetas e cambian o nome polo de La Traición, pero atopan moitas dificultades para continuar adiante, e finalmente disólvense en 1987.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas