Home A Coruña Preto dun centenar de veciños e veciñas tomarán parte na I Ruta...

Preto dun centenar de veciños e veciñas tomarán parte na I Ruta Ciclista en Familia por Neda

- Anuncio -

A iniciativa, organizada polo Concello co apoio do Clube Vara e Pedal, celebrarase o sábado, con punto de partida no adro da igrexa de Santa María

Preto dun centenar de veciños e veciñas de todas as idades subiranse á bici este sábado para tomar parte na primeira edición da Ruta Ciclista en Familia que organiza o Concello de Neda co apoio do clube Vara e Pedal. Unha marcha que partirá ás 10 horas do adro da igrexa de Santa María, para cubrir unha distancia duns 7,6 quilómetros. O itinerario, circular e de dificultade media-baixa, pasará polo camiño das Augas, Os Castros, Albarón, Mourela do Medio, Mosteirón, Maciñeira, Mourela Baixa, Muchiqueira,
Pontegrande, Balbís, A Buhída, Puerta Basoa, Nogueirido, Os Pazos, Vilasuso, O Regueiro, Estación do Tren, Xeneral Morgado, rúa do Castro, San Nicolás, Os Subarreiros, rúa Real, e retorno a Santa María.

Un percorrido para desfrutar de Neda e practicar exercicio físico ao aire libre e na mellor compañía, o que aporta un plus de motivación. O Concello lembra ás persoas participantes a obrigatoriedade de acudir á cita con casco de protección.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas