Home A Coruña A AGFA do Eume e o Concello ofrecen un curso de poda...

A AGFA do Eume e o Concello ofrecen un curso de poda de inverno

- Anuncio -

A AGFA do Eume e o Concello continúan traballando para mostrar as posibilidades de desenvolvemento que ofrece a actividade frutícola. Nese camiño, a entidade acaba de abrir o prazo de inscrición nun curso de oito horas de duración que estará centrado nas técnicas de poda e guiado das árbores. A actividade, que será gratuíta para veciñanza de San Sadurniño ou socia da AGFA, desenvolverase na Casa da Xuventude o venres 29 e o sábado 30 de novembro. Hai que inscribirse no 635 013 323.

Da parte formativa encargarase o técnico Ignacio Bellas Castro, quen fará durante o primeiro día, de 16:00 a 20:00h, unha introdución ao sector froiteiro, ademais de proporcionar coñecementos teóricos sobre as técnicas de poda en relación cos sistemas produtivos elixidos.

Ao día seguinte, de 10:00h a 14:00h, a actividade do curso trasladarase á horta de conservación de castes autóctonas Carlos Fornos, onde se verán exemplos de podas de formación, de fructificación e de renovación das árbores en época invernal, momento no que se produce un parón biolóxico nas plantacións.

O curso encádrase no convenio de colaboración subscrito entre o Concello e a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume . Por este motivo a inscrición será gratuíta tanto para a veciñanza de San Sadurniño como para as persoas socias da AGFA do Eume, mentres que para o resto de participantes o prezo será de 40 euros (que se pagarán o primeiro día).

Hai que anotarse no 635 013 323 antes do día 27 de novembro.

Relacionadas

Colisión entre dous vehículos na AP – 9, no punto quilométrico 21.500, no Concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ordes participaron esta tarde nun accidente entre dous vehículos na AP - 9, no punto quilométrico 21.500,...

Ames e Brión clausuran o obradoiro de emprego Renova VI, no que 20 persoas...

0
Os Concellos de Brión e Ames clausuraron esta mañá o obradoiro de emprego dual “Renova VI”, no que se formaron a 20 persoas en...

Ponteceso liquida as facturas atrasadas do subministro eléctrico das anualidades 2022 e 2023

0
 O pleno aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de case 175.000 euros para saldar impagos do anterior goberno municipal. O Concello de...

Ribeira prohibe as violencias machistas

0
Hoxe celebrouse a presentación dos diferentes e variados actos para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero no Concello de Ribeira...

Na reunión tamén se tratou a organización dous actos conmemorativos do centenario dá fundación...

0
O Concello volve cooperar coa Confraría de Pescadores de Caión non financiamento dous gastos derivados dá apertura ao público e ou mantemento dás instalacións...

O concello e a confraría de Caión renovan o convenio de colaboración para o...

0
Na reunión tamén se tratou a organización dos actos conmemorativos do centenario da fundación do pósito. O Concello volve cooperar coa Confraría de Pescadores de...

Publicacións Relacionadas