Home A Coruña San Sadurniño busca "beiladoras" e "beiladores" para complementar as escolas de música...

San Sadurniño busca “beiladoras” e “beiladores” para complementar as escolas de música tradicional

- Anuncio -

O Concello ofrece a posibilidade de probar o baile tradicional durante tres meses, co obxectivo de crear un grupo estable que permita iniciar unha nova escola cultural a principios de ano

Este xoves remata o prazo de preinscrición nas escolas municipais, que de cara ao outono volven ofertar as actividades de ximnasia de mantemento para persoas maiores e as tres musicais: gaita, pandeireta e cantos de taberna. Iso si, fará falla xuntar un mínimo de 8 persoas por grupo para que as escolas vaian adiante e por este motivo hai un primeiro prazo para anotarse -o que remata este 30 de setembro- e, unha vez se confirme o grupo, outro para facer a matrícula, que comezará o luns 4 de outubro, coincidindo coa semana de arranque das escolas. Polo tanto, nos días tres días que quedan hai que chamar ao 981 490 027 (débese agardar a ser atendido/a persoalmente, non pulsar a opción “Cultura”) e indicar a actividade ou actividades en que se quere participar. Este ano como novidade engádese como experiencia piloto o baile tradicional. Quen queira poderá probar de balde durante tres meses e, se hai interese, manteríase ata xuño tamén como escola municipal.

Este ano a área de Cultura pretende que haxa unha maior integración das distintas escolas musicais co obxectivo de que teñan un repertorio mínimo compartido e que os distintos grupos poidan actuar en solitario ou ben botarlle unhas pezas en conxunto en repichocas e outros eventos.

Ademais tamén se quere formar un grupo de baile que complete a festa punteando muiñeiras e jotas ou con pasodobres e valses agarrados. Por iso se organiza un obradoiro gratuíto durante os próximos tres meses para toda aquela xente de calquera idade que se anime a probar. Para anotarse só hai que chamar ao 616 332 919 ou ao 981 490 027 (agardar a ser atendida/o persoalmente) ou mandarlle un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal. Se a iniciativa ten éxito, o grupo continuaría despois como escola municipal estable.

Co empezo de outubro volven as sesións de música tradicional -Gaita e Pandeireta-, Cantos de taberna e tamén as dos grupos de ximnasia de mantemento para persoas maiores, que deberán formalizar a matrícula a partir do 4 de outubro, data na que tamén arrancarán as escolas.

Unha vez que se confirmen os grupos deberá efectuarse o pagamento da matrícula na Casa da Cultura en horario de mañá, onde tamén é posible domiciliar os recibos. Os prezos son os seguintes: 16 € de matrícula e 31,83€ de cota trimestral para maiores de 18 anos e menores de 65. As persoas menores de 18 anos, maiores de 65, pensionistas, estudantes, familias numerosas e titulares do Carné Xove teñen un pequeno desconto, polo que lles quedaría en 15,32 euros de matrícula e 21,23 cada trimestre.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas